Aberta a inscrición a bolsas ERASMUS+ 2019
Enviado por admin o Mar, 13/11/2018 - 10:36
Até o vindeiro 30 de novembro está aberta a inscrición para as solicitudes de bolsas Erasmus no ano 2019.
As condicións son as seguintes:
1. Ciclo Medio:
Para a realización de prácticas laborais unha vez finalizado o ciclo e a FCT. Comezarían a partir do mes de xullo de 2019 e teñen unha duración de 5 meses. O importe varía en función do país de destino, mais de forma aproximada:
- Portugal: 1.100€/mes
- Irlanda: 1.450€/mes
- Instancia Ciclo Medio (pdf)
2. Ciclo Superior:
Para o alumnado de 1º deberán cumprimentar unha preinscrición aos efectos de valorar as posíbeis candidaturas que teñamos neses cursos.
Para o alumnado de 2º deberán cumprimentar a inscrición de selección para realizar o módulo FCT nun estado da Unión Europea. Comezarán as prácticas o 1 de abril do 2019 e finalizarán ao realizar as horas establecidas no módulo para cada ciclo. O importe varía en función do país. De forma aproximada, para dous meses (1 de abril a 31 de maio):
- Irlanda: 1.520€, 800€ da bolsa Erasmus e 720€ das axudas a FCT da Consellaría de Educación.
- Portugal: 1.270€, 700€ da bolsa Erasmus e 570€ das axudas a FCT da Consellaría de Educación.
3. Docentes:
Temos varios cursos en Irlanda e Portugal, así como job-shadowings en Portugal para docentes relacionados coas novas tecnoloxías e cambio metodolóxico e xestión e organización docente.
Máis información en programaseuropeos.iesrodeira@gmail.com