FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Despedida do presidente da ANPA
Enviado por admin o Dom, 01/07/2018 - 21:07
No último Consello Escolar demos unha agarimosa despedida a Luis Manuel Brage Varela. Tras doce anos á fronte das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as , primeiro no colexio de Franza e os últimos sete cursos na ANPA do instituto, demostrou que se pode pode servir ao ensino público desde todos os sectores, e o da representación das familias é dos imprescindibles. Salientamos del o grande espírito de colaboración, crítica construtiva e boas doses de sentido de humor. Grazas, Manolo!!!