FAMILIAS - ANPA O Castro
|
XIV Xornadas de Igualdade
Nas tardes do 5 ao 7 de outubro tivemos a sorte de acoller no Salón de Actos do instituto as XIV Xornadas de Igualdade organizadas polo Concello de Mugardos. Nesta convocatoria estiveron dedicadas á coeducación.
A escola coeducativa crea un ambiente de convivencia no que tanto os homes coma as
mulleres teñen a oportunidade de intrerpretar con liberdade a súa difereza sexual,
masculina e feminina, e crecer cara a a unha cidadanía responsable e democrática.
Unha cidadanía que se relaciona dende a convivencia pacífica e está comprometida
contra calquera tipo de discriminación... (Educando en igualdade FETE-UXT)
Para o traballo co alumnado, as Xornadas puxeron a disposición do centro a mostra fotográfica e “Entre iguais. Eu quero ser…” e a visita de Pamela Palenciano co seu potente testemuño dramatizado “No solo duelen los golpes” sobre a violencia de xénero no noivado e na sociedade en xeral.
Unha vez máis agradecemoslle ao Concello a súa colaboración coa tarefa educativa do instituto e o proxecto de centro que este curso versará sobre a igualdade de xénero e a visibilización das mulleres.