FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Lección inaugural: "O valor do coñecemento"
Isabel Rodríguez-Moldes Rey, vicerreitora de investigación e innovación da USC, catedrática de Bioloxía molecular, de orixes mugardesas, impartiu a lección inaugural para o alumnado de bacharelato. Moitas grazas por esta lección de entusiamo e esforzo por acadar a felicidade do coñecemento. Salientamos, coa nosa orientadora Sientopiensosoy as seguintes mensaxes:
1. A importancia das aficcións que logo poden convertirse en vocacións e finalmente en profesións.
2. A reprogramación como resposta cando nos equivocamos. Non pasa nada se, por exemplo, scollemos unha titulación e logo nos damos conta de que non é o noso, sempre podemos reprogramarnos tal e como fan as células na natureza.
3. A importancia da familia, das amizades e como non do profesorado que nos acompaña nisto de formarse e aprender.
4. O esforzo persoal e a ilusión para aprender, necesarias para cumprir metas (ollo, dependen dun mesmo/a)