Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Contas de usuario para o profesorado

Benquerido/a compañeiro/a:

Este curso recuperamos a páxina web do instituto. O enderezo dependente da consellería é o mesmo (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/), pero mudamos o deseño e ampliamos os contidos. Paseniñamente irémolo enchendo de información (oferta educativa, prazos de matrícula, horarios...) e esperamos que tamén de usuarios/as.

O servizo web ofrécenos a cada profesor/a unha conta de usuario para crearmos estes contidos no noso propio espazo. O seu funcionamento é semellante ao dun blog coa vantaxe de estar directamente ligado á páxina do centro, aos departamentos e aos grupos que impartimos clase. 

 Ademais da web, tamén seguimos dispoñendo dunha galería de imaxes e dunha aula virtual para aloxar materiais didácticos en forma de cursos e poñelos a disposición dos alumnos/as. Poden ser tres ferramentas moi útiles para o teu labor docente.

 
 

Para comezar a colaborar só tes que reenviar este correo indicando no ASUNTO: Solicitude conta de usuario. Axiña recibirás un nome de usuario/a co teu contrasinal e as instrucións de funcionamento.

Moitas grazas. Feliz curso.