FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Fin de curso 2012-2013. Actos do 25.º aniversario
A conmemoración do 25.º aniversario do instituto culminou este venres, 21 de xuño, coa organización dun intenso Acto Cultural e a celebración ao día seguinte, dun xantar de convivencia.
ACTO CULTURAL
A primeira parte estivo protagonizada pola interpretación musical e a proxección de diferentes traballos audiovisuais realizados polo alumnado. Comezamos cun repaso ás actividades do Equipo de Dinamización Lingüística. Puidemos desfrutar das voces de Iria (4.º ESO), Javier (3.º ESO) e o coro de alumnas de francés (4.º ESO); a lectura dun relato de Pablo Rañales (2.º ESO) e o o pase dos catro vídeos producidos por 1.º Bacharelato na materia de música para o Proxecto Salvavidas sobre doazón de órganos. Tamén asistios á estrea da curtametraxe gravada por 1.º ESO para a Rede Galega de Centros Solidarios.
2.º PREMIO "ESTUDO E DEPORTE"
Á entrega dos premios e mencións honoríficas asistiu o Xefe territorial de Deportes, Roberto García, e varios representantes dos clubs e asociacións deportivas da comarca. Deste xeito, o Premio Estudo e Deporte entra nunha fase de consolidación para os vindeiros anos.
ACTO INSTITUCIONAL
Coa intervención de todos os representantes da comunidade educativa e autoridades municipais de Ares e Mugardos pechamos o acto cultural. Pasaron polo estrado: Luis Manuel Brage, presidente da ANPA "O Castro"; Javier Maceiras, representate do alumnado no Consello Escolar e Iria Rodríguez, ex alumna e actual encargada da Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa; Juan Carneiro, profesor de Xeografía e Historia; M.ª Josefa Martínez, administrativa do centro; Covadonga Rodríguez-Moldes, directora do IES Mugardos; Julio Iglesias, alcalde de Ares; Manuel Fariña, ex-alcalde de Mugardos; Xosé F. Barcia, alcalde de Mugardos; Indalecio Cabana, Inspector Xefe en representación da Consellería de Educación.
XANTAR 25 ANIVERSARIO
O sábado, 22 de xuño, celebrouse o xantar de convivencia organizado pola ANPA e a dirección do centro e ao que asisiron máis dun centenar de persoas.