Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

CONFERENCIA NA UDC PARA O ALUMNADO DE CIENCIAS DE 2ºBAC

Esta mañá puidemos levar ao alumnado que cursa Física ou Química de 2ºBAC á Facultade de ciencias da Universidade de A Coruña. A idea era asistir a unha conferencia de Javier García Martínez. Seguramente non o coñezades, pero resulta que é o primeiro hispano falante (xa non só español) que preside a institución máis importante de Química no mundo, a IUPAC (International and Unique, advancing Pure and Applied Chemistry).

Un auténtico privilexio ao que acudíamos coa mosca detrás da orella por se a cousa acabase no típico "peñazo" de conferencia na que se emprega unha linguaxe fóra de lugar que descoloca ao alumnado e lle fai perder o interese...e non sei se é porque Javier preside unha organización na que a linguaxe é o eixo arredor do cal xira todo, ou se é polas súas habilidades innatas...pero temos que dicir que foi unha marabilla. Poucas veces se di tanto e tan ben. Grazas Javier por comunicar, por provocar a reflexión, por convidar ao diálogo, por amosar un punto de vista moi práctico e real do mundo da química, do pasado, do presente e do futuro. Se a isto lle engadimos que por encima é unha persoa moi humilde e próxima, pois qué máis se pode pedir. Ata nos asinou unha táboa periódica personalizada para o instituto...

O dito, un privilexio asistir esta mañá a un evento tan significativo. De paso o alumnado coñeceu un pouco as intalacións dunha facultade que para algún/algunha ata pode converterse na súa propia os próximos 4 anos ;-)

Aquí vos deixo un recordo visual...