Proxectos de innovación educativa

         

 

Lingua Galega

Lingua e Literatura Galega 1º ESO - A

Boa tarde!

Estou a corrixir as vosas redaccións, pronto vos direi como as vou valorando.

Agora poño uns poucos exercicios para que sigades practicando nas libretas o que levamos visto ultimamente.

Tema 5 - páxina 112-

Son os exercicios da proba de avaliación do tema, só ides facer os exercicios: 4, 5 e 6.

Ánimo!

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

CLAVES CORRECTAS

ID: 234 217 571

CONTRASINAL. BkV2tJFG

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola a todas!

e a todos tamén...

Pido desculpas polo desta mañá, sinto moito tervos deixado plantados. Foime imposible estar a esa hora na casa (e non fun á pelu... :) )

Teño nova reunión planificada para mañá a cuarta hora (11'00 a 11'50)

ID da reunión: 242 967 282

Contrasinal: f2whenDv

Espérovos mañá! 

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Boa tarde!

Estou a corrixir, pero sodes muitos e vou tardar un bocadinho :)

Para non vos aburrirdes, poño máis tarefas. Esta vez son dous textos en prosa con tres preguntiñas para ler e reflexionar, razoar e argumentar.

-páxina 295 - Texto de Manuel Murguía - ler e contestar as tres preguntas

-páxina 315 - Prólogo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Idem. A primeira pregunta di que escoitedes ese texto, é fácil de atopar en youtube, Rosalía 21, Abe Rábade e Anxo Angueira, aí ademais podedes encontrar versións musicais de varios poemas de Rosalía, dos que hai no voso libro "A xustiza pola man" e "Tecín soia a miña tea".

Adxunto o exercicio 8 dos verbos para que autocorrixades, se hai dúbidas xa sabedes onde estou. Ánimo!

 

 

Lingua e Literatura Galega 1º ESO - A

Bo día!

Agardo que vaiades traballando moito, hoxe imos continuar repasando os verbos con algúns exercicios máis: o 17, 18, 20 e 21 da páxina 111. Estas tarefas deben estar na vosa libreta de galego.

Ademais teredes que facer unha redacción para enviar ao meu correo electrónico, para poder ter algunha tarefa vosa que corrixir e puntuar ;) Esa redacción é o exercicio 6 da páxina 96 debe ter 15 liñas mínimo e debe ser enviada antes do 8 de maio. Ollo coa ortografía e xa sabedes que valoro a creatividade.

Ánimo!   

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola!                                                            28 de abril

A cita virtual de onte non estivo mal, imos facer outra na que espero ver a todas e todos e poder explicar algunhas cousas sobre os verbos, seguimos repasándoos. Adxunto unha nova proba para que vaiades practicando.

A nova cita será o mércores 6 de maio na hora de Lingua galega, algo modificada no horario polo Webex, de 12'30 a 13'30. A mellor maneira de conectarse é descargando a aplicación e entrando dende ela coas seguintes claves:

ID da reunión: 242 967 282

Contrasinal: f2whenDv

Ademais ides ter que enviarme ao correo, antes do luns 4 de maio, unha redacción de 15 liñas mínimo, a idea está na páxina 156 do voso libro de texto, na Expresión escrita podedes elixir o exercicio 6 ou o 7. Ollo coas faltas de ortografía! Podedes ler o fragmento de Sira e o robot das páxinas 154 e 155 para imaxinar ese futuro...

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Bo día!                                                                      28 de abril

En primeiro lugar temos que a clarar o que pasou o xoves 23, algo alleo á miña vontade e á vosa (?), polos vosos correos entendo que non foi un plantón, como pensei ao ver que ninguén se conectaba. Descoñezo onde estivo o problema, pero por se vos serve de axuda, onte tiven outra charla virtual con 2º de ESO e o problema que tiñan algúns resolveuse ao descargar a aplicación e entrar dende ela. Creo que esa é a forma máis segura.

Vémonos este xoves día 30 de abril ás 12'30 durante unha hora. Quero explicar algunha cousiña sobre o verbo, imos poñernos a repasar aconxugación regular.  Aí van as claves:

ID da reunión: 246 641 480

Contrasinal: MvgumyTq 

Tarefa para esta semana : TEMA 6 VERBO (1)

Ler teoría  das páxinas 120, 121 e 122 até o punto 3, ese xa non. Exercicio 8 da páxina 133. Explcareino o xoves, polas posibles dúbidas.

A ver se temos sorte!

 

 

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Parece que tedes problemas de conexión. Creo que tedes que descargar a aplicación 

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola! Poño agora as claves para a reunión de hoxe luns 27 ás 11'30:

URL DA REUNIÓN:

https://eduxunta.webex.com/meet/natie

O alumnado accede cos seguintes datos:

USUARIO: o nome completo do alumno

e-mail: nonresponder@edu.xunta.gal

ID da reunión: 232 680 543

contrasinal: nEpV7MDb

Sei que é un pouco tarde, despisteime. Síntoo! 

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL