Proxectos de innovación educativa

         

 

Lingua Galega

Lingua e Literatura Galega 1º ESO - A

Ola!

Quédanos moi pouco tempo para rematar este estraño curso, así que imos aproveitalo ben. Tarefas novas:

- Os verbos irregulares, imos coñecelos na páxina 124 e practicar un pouco facendo os exercicios da páxina 125, todos si. Para as dúbidas tedes o Apéndice Gramatical, páxinas 197 e seguintes.

- Un pouco de ortografía - b/v: algúns consellos na paxina 126 e exercicios na páxina 127, todos tamén. 

Todo este traballo enviádesmo ao meu correo, como os exercicios anteriores. Moi ben as probas dos verbos regulares en xeral. Parabéns! 

Como non nos vimos ata o de agora, vou convidarvos a unha reunión en Webex, creo que xa o manexades con outros profes. Se tedes dúbidas, escribídeme un correo. A cita é na hora de Lingua Galega o martes 9 ás  12'15 e as claves para conectarvos son:

NÚMERO DE REUNIÓN: 121 374 2189

CONTRASINAL: Ygh8aWb2

Vémonos!

 

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Bo día!

Convócovos a unha Reunión en Webex para mañá día 4 de xuño ás 12'15. Perdoade a premura, temos algunhas cousiñas das que falar. Agardo que vos avisedes uns a outras e viceversa.

As claves para conectarvos:

Número da Reunión: 121 111 1231

Contrasinal:J74UuQTm

Vémonos!

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola!

Como vai todo? / - Tudo bem?

Imos traballar un pouco, hoxe toca ler e para iso imos coa lectura da Unidade 6, páxinas 112 e 113. Para garantir que se le, facemos os exercicios do 1 ao 4, inclusive, da páxina 114, son para enviarme antes do venres 29, que se achega a avaliación.

Tamén tedes nun ficheiro adxunto unha proba de verbos regulares, para enviar case coma un control, antes do  mércores 27. Menos tempo, ollo!!

E sigo esperando polos exercicios de portugués.

 Saúdos!

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Bo día!

Imos traballar un pouco máis, só dúas cousiñas:

-Unha proba de verbos regulares e semirregulares, para enviarme antes do luns 25 de maio, é un ficheiro adxunto.

-Un comentario poético, ben feitiño: Forma (métrica, rima, estrofa e recursos literarios) e Contido (tema, resumo, valoración crítica). Para enviar tamén, pero tedes ata o 5 de xuño.

---O poema de Rosalía de Castro da páxina 338 do voso libro de texto "Tecín soia a miña tea", hai unhas preguntas ao final que poden axudarvos coa valoración crítica. Podedes comentar aspectos da lingua que emprega a autora.

*Reenvío outro ficheiro co esquema do traballo dos libros, como pedirades.

Ánimo e a traballar!

 

Lingua e Literatura Galega 1º ESO - A

Ola!

Que tal? Xa comprobei que sodes moi traballadores e traballadoras. 

Vou ver agora que tal sabedes os verbos regulares, ides enviarme ao meu correo as respostas a unha proba de verbos que vos vai aquí como ficheiro adxunto. Case todos son fáciles...

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Ola!

Vémonos esta semana, o xoves 14 de maio ás 12'15, á quinta hora. Consultamos dúbidas e explicamos algunha cousiña dos verbos, seguro que xa están dominados.

As claves da cita virtual:

ID da reunión: 237 004 637

CONTRASINAL: VX8MbS2N

Agárdovos!

 

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola!

Vémonos esta semana, o mércores 13 de maio ás 12'30, a quinta hora. Para ese día xa saberedes o verbos regulares, non? Vou explicar unhas cousiñas de verbos con alternancias na vogal da raíz, soa peor do que é, de verdade. 

As claves da videoconferencia: 

ID da reunión: 236 187 640

CONTRASINAL: Fuh274tm

Agardo que esta vez as cousas saian mellor, unha aperta virtual!

Língua portuguesa 2° ESO A

Bom dia!

Não me esqueci de voçês, somente eu não gosto de que tenham muitas tarefas, mas agora preciso avaliar o seu trabalho. Assim que vou pôr umas tarefas para enviar-me ao meu correio eletrónico antes do 20 de maio.

Tarefas:

1° Escreva em oito linhas como é que está a passar o confinamento, as coisas que faz, os sentimentos, as suas opiniões...

Deve empregar pelo menos três números, cinco adjetivos e cinco verbos diferentes.

2° Escreva o Presente e o Pretérito de Indicativo destes verbos:

- ser, estar, ter, dar, fazer, falar, escrever, partir.

Para as dificuldades aconselho usar o dicionário Priberam, muito fácil de atopar em Google e muito simples de usar, se procuram um verbo têm a opção de o conjugar.

Também recomendo ver, escutar e ler a canção de Pedro Abrunhosa: Tempestade, composta nestes dias.

Entregam um comentário breve se gostaram dela ou não e as causas.

Cara turma, até breve! 

Língua portuguesa 1° ESO B

Bom dia!

Não me esqueci de voçês, mas como tinham muitas tarefas, achei que da língua portuguesa não precisavam ter mais. Agora como isto está a durar muito tempo e eu vou ter que avaliar as suas capacidades, acho que é boa ideia que voçês fazam alguma coisinha que possam enviar- me ao meu correio eletrónico.

1°~ Escreva em cinco linhas como é que está a passar estes dias de confinamento: as coisas que faz, os sentimentos ou as opiniões...

-Deve empregar pelo menos dois números e cinco verbos diferentes.

2° ~ Conjuga o Presente de Indicativo destes verbos:

- ser, estar, ter, jogar, escrever, partir.

Para as dificuldades aconselho o dicionário Priberam, muito fácil de atopar e muito simples de usar,  se procuram um verbo, têm a opção de ver a conjugação.

O menú correo é: natie@edu.xunta.es

Também recomendo buscar está canção de Pedro Abrunhosa: Tempestade, podem ler a letra em youtube e valora- la.

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Boa tarde!

Despois desta semana con tantos problemas de comunicación, alleos ás nosas vontades, xa vos avisarei para outro momento na semana que vén e agardo que todo saia mellor.

Entre tanto uns poucos exercicios máis, que podedes enviar por e-mail, sobre todo os e as "despistodos/as" que non me están enviando nada... É importante que eu teña traballos vosos nesta situación, se queredes mellorar as notas das avaliacións anteriores.

Tema 5

- Páxina 110

Son os exercicios da proba de avaliación do tema, só ides facer os exercicios: 3,4 ,5, 6, 7 e 8 (neste último usade o dicionario e escribide as 10 liñas)

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL