Skip to Content

Probas da avaliación de diagnóstico para 2º ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

BECAS- PRAZO ABERTO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, abriu o prazo de presentación de solicitudes de bolsas de estudos para a convocatoria xeral 2024/25.

Arquivo pdf cos pasos que hai que seguir para rexistrarse na sede electrónica do Ministerio de Educación para poder solicitar a beca.

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024

Máis información en:  www.becaseducacion.gob.es  e no apartado Becas e axudas desta páxina web. 

Xornadas de Primeiros Auxilios

Os días 23 e 24 de Novembro, o dpto. de E.F. en colaboración coa AMPA e Protección Civil organizáron dúas xornadas de Primeiros Auxilios para os alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Durante 3h de obradoiros(cada grupo) os alumnos/as puideron coñecer e practicar as técnicas de actuación ante todo tipo de situacións de emerxencias. As estacións eran moi variadas e incluían: información e asistencia, RCP con e sen Desa, evaluación de accidentados, actuación ante queimaduras, fracturas, inmovilizacións, obstrucción da vía aérea, hipo e hiperglucemia...etc. Estes contidos que son moi necesarios na formación dos nosos alumnos e tan útiles na súa vida, permiten o alumno saber actuar ante unha situación de urxencia e lle dan unha visión do traballo do voluntariado de Protección Civil, así como o coñecemento da posibilidade dun futuro profesional ligado as urxencias e os primeiros auxilios. Para os alumnos de bacharelato estes contidos completan a formación que se está a impartir na piscina do Pavillón dos Remedios (natación e salvamento acuático -coa axuda do club Salvour-) posibilitando así unha formación parecida a un curso de salvamento e socorrismo acuático.

 
 

 

 

AVISO - BIBLIOTECA

PECHE TEMPORAL DA BIBLIOTECA

>>>>>> Información (petición e devolución de libros)

Carrera San Martiño 2023

Con motivo da XLVI edición da Carreira Popular Pedestre do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, que se celebrou o domingo día 12 de Novembro, o noso instituto participou cunha numerosa representación do alumnado. Cerca de 200 inscritos, dos que finalizaron a proba 162 alumn@s nas diversas categorías (sub 14 e sub 16) completando o percorrido dos 5kms correspondentes.

Esta gran participación levou o noso instituto a acadar -por 2º ano consecutivo- o premio o centro educativo con maior participación; unha dotación económica en material deportivo que dende o dpto. de E.F. agradecemos para poder dispor de materiais didáctico-deportivos axeitados. En calquera caso esta iniciativa, que tan boa acollida ten no noso centro, permite os rapaces acercarse ás carreiras populares e realizar actividade física tan necesaria para os xóvenes e adolescentes da nosa provincia visto os alarmantes últimos datos de obesidade e sobrepeso que padecemos. Dende o noso dpto. seguimos potenciado todo tipo de iniciativas activas e formativas dos nosos alumnos.

  • Galería de fotos

 

 

CONCURSO TIKTOKERS POLA IGUALDADE

ORGANIZA: Anpa do IES O Couto

REQUISITOS DE ACCESO:

  • Categoría 1: Alumnado do IES O Couto do curso actual 2023-24
  • Categoría 2: Nais e pais de alumnado do IES O Couto no curso actual 2023-24

PRAZO DE PARTICIPACIÓN:

  • O prazo de presentación ábrese o día 21 de decembro de 2023
  • O prazo de presentación finaliza o 15 de xaneiro 2024

BASES:

HORARIO DE TITORÍAS 2023-24

Calendario escolar

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

TÁBOA resumo do calendario escolar

CALENDARIO ESCOLAR 2023/24

 Actividades lectivas

 Inicio o 11 de setembro e fin o 21 de xuño, ambos incluidos.

 Trimestres    Datas orientativas de entrega de notas
 Primeiro, entrega de notas  2º Bch -  
 ESO e 1º Bch-  
 Segundo, entrega de notas  2º Bch-  
 ESO e 1º Bch-  

Terceiro, entrega de notas

 aval ordinaria 2º Bch-  
 3ª aval ESO e aval ordinaria 1º Bch-  

Notas aval ordinaria ESO -

Notas aval extraordinaria BACH

 
 Días non lectivos  13 de outubro e 7 de decembro 2023
 16 de maio 2024
 Vacacións    Nadal  Dende o 22 de decembro ao 7 de xaneiro ambos incluidos
 Entroido  12,13,14 de febreiro
 Semana Santa  do 25 de marzo ao 1 de abril ambos incluidos.

 

 

Menús do comedor escolar.

ABAU EXTRAORDINARIA 2024

O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria extraordinaria de 2024 para o alumnado de 2º de BAC que supere o curso na avaliación extraordinaria de 2º de BAC realizarase entre os días 13 ao 17 de xuño 2024.

  • Día 14 de xuño, venres: recollida de impresos e documentación.
    • En Secretaría o alumnado que se presente á convocatoria extraordinaria da ABAU de 2º Bacharelato A, B e C. Non facer cola.
  • Día 17 de xuño luns antes das 13:00 h : entrega de documentación cuberta na Secretaría. Comprobación de datos na Secretaría.

  • Día 17 de xuño luns: realizaremos a matrícula ABAU 2024 extraordinaria e se entregará a documentación ao alumnado para as levar as probas.
  • 2, 3, 4 de xullo 2024 exames ABAU da convocatoria extraordinaria.
  • Publicación provisional das cualificacións ABAU extraordinaria 11 de xullo.
  • Publicación definitiva das cualificacións ABAU extraordinaria 17 de xullo.

INSTRUCIÓNS E DATAS IMPORTANTES:

IMPRESOS:  Estes impresos serán proporcionados polo centro o día 14 de xuño.

  1. Impreso para o pago das tasas ABAU :(pódese facer o pago telemático)
  2. Impreso para o pago do título de bacharelato (premer en descargar ou facer o pago telemático)
  3. Impreso de prematrícula na ABAU

TRAER o día 17de xuño antes das  13:00 h:

  1. 2 Fotocopias do DNI, nunha soa cara das fotocopias debe verse as dúas caras do DNI.
  2.  Xustificante de pago das tasas ABAU por duplicado.
  3.  Xustificante de pago das tasas para o título de Bacharel por duplicado.
  4. Impreso oficial de matrícula na ABAU debidamente cuberto e asinado.

 

Solicitude de comedor

COMEDOR ESCOLAR

  • Menús do comedor escolar

O impreso para solicitar o comedor escolar está dispoñible no momento de facer a de matrícula para o alumnado da ESO. Debe solicitarse o impreso ao recoller o sobre de matrícula para cubrilo e entregalo na Secretaría do centro xunto co sobre de matrícula.

PRAZO : COA MATRÍCULA, para todo o alumnado do centro.

 

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR

 XUNTO COA MATRÍCULA SOAMENTE ALUMNADO ESO

  • Transporte escolar en Bacharelato (Non se solicita no centro escolar)
  • Solicitude de transporte escolar 2024-25 (ESO)
  • Descargue o impreso para o transporte escolar e entréguea xunto coa matrícula do curso 2024-25. Debe entregarse cuberto  xunto coa matrícula, non habendo outro prazo para facelo (agás alumnado que se incorpora unha vez iniciado o curso escolar).
  • A solicitude debe cubrirse cos datos do alumnado (nome, apelidos, dni, curso, etc). Na solicitude figura a listaxe das paradas autorizadas, deberá márcase a parada escollida, soamente se pode marcar unha parada.
  • No caso de ter que solicitar diferentes paradas na mesma ruta ou ben facer emprego de dúas rutas terá que falar persoalmente coa Secretaria do centro xa que a solicitude deberá ser autorizada pola Consellería e Mobilidade sendo preciso facer un escrito.
  • No caso de solicitar parada nova deberá solicitar cita coa Secretaria. Para poder solicitar unha parada nova (é dicir, parada non existente na listaxe) terá que ter unha distancia mayor de 2.5 km á parada máis próxima e estar dentro dunhas das rutas de transporte. Neste caso será preciso facilitar TODOS os datos solicitados sobre a parada (foto da parada, distancia a parada anterior, distancia a parada seguinte, coordenadas, nome da parada, ruta). De non cubrir os datos a solicitude non poderá ser tramitada.  Se a distancia a algunha das paradas existente é inferior a 2.5 km non se poderá tramitar a solicitude (agás que existan circunstancias excepcionais que deberán acreditarse mediante escrito e documentación na Secretaría do centro).  
  • Solicitude de nova parada

BECAS E AXUDAS

Olimpiada científica xuvenil Española

Parabéns a Delia Rubín Gómez e Ausberto Hernández Nuñez por acadar o segundo posto na Olimpiada Científica Xuvenil Española na convocatoria Autonómica

Distribuir contido


by Dr. Radut