Libros solidarios
Enviado por Anónimo o Mar, 09/04/2019 - 16:35
Pensando xa no día do libro, desde a Biblioteca, organizamos unha recollida de
libros de lectura que queiras doar. Podes deixalos na biblioteca ata o día 23 de
abril.
Colabora con nós e converte o teu libro nun libro solidario.
Grazas pola túa participación!!!
Se queres saber máis, deixámosche abaixo o cartel. Tamén podes atopar a
información no blog da biblioteca http://bibliotecash.blogspot.com ou na Sala de
profesores.
Saúdos do Equipo de dinamización da biblioteca.
Accede ó cartel informativo:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Doa libros.pdf | 363.93 KB |