Skip to Content

DIGITALWEEK 2023


 

O obxectivo principal do programa Digital Week  é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa a través de actividades dixitais. Así mesmo, contará con actividades accións formativas non só académicas senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico do contexto galego cunha metodoloxía adecuada á súa etapa educativa.

O contido deste programa inclúe actividades académicas, de tempo libre e obradoiros. En calquera caso, a finalidade é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa e a adquisición dunha mellor competencia dixital, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita aprendizaxe.

A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa; promoverá aprendizaxes significativas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa  sustentabilidade e coñecemento da contorna.

No curso 2022-2023 participou o alumnado de 4º ESO do 20 ao 26 de novembro de 2022 e as actividades tiveron lugar no Complexo xuvenil As Mariñas en Bergondo (A Coruña).

No curso 2023-2024 foinos concedido este programa para 4º de ESO e participan nesta actividade do 10 ao 16 de decembro de 2023.

 

Imaxe nos Peares (Ourense) - Decembro 2024



page | by Dr. Radut