Skip to Content

Centro Edixgal

O curso 2021-2022 implantouse o proxecto Edixgal no centro en 1º ESO.

Neste curso 2023-2024 está usándose en 1º, 2º e 3º ESO.

O proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) ten como obxecto favorecer o desenvolvemento de proxectos integrais de educación dixital, facilitando aos centros a dispoñibilidade de libros dixitais e doutros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular.

Os centros adscritos a este proxecto, contarán coa conexión á rede axeitada, os medios tecnolóxicos necesarios na aula para o profesorado e alumnado; e terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Os centros deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder desta contorna e/ou ser proporcionados polo centro. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos dixitais poderán empregarse como complemento ou apoio.

Máis información do programa neste enlace.

O alumnado ten un equipo como o da imaxe:



page | by Dr. Radut