Segundo trimestre curso 2020-2021

2/03/2021 OBRADOIROS EDUCACIÓN SEXUAL

Neste día rematamos o ciclo “OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL” dirixido a todo o alumnado da ESO e FP Básica. Foron impartidos pola sexóloga Jeane Costa, especializada en traballo coa adolescencia. Con este programa buscamos os seguintes  obxectivos:

·   Ofrecer ferramentas para promover unha sexualidade igualitaria, libre e sa

·  Sensibilizar ao alumnado e fomentar o pensamento crítico, achega da dimensión bio-psico-social da sexualidade e o feito sexual humano, construíndo e desenvolvendo actitudes de bo trato nas relacións afectivas, autocoñecemento, autocoidado e responsabilidade.

·   Inclusión e respecto á diversidade sexual, social e cultural.

Traballaron cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que o alumnado participou transmitindo as súas propias emocións e preocupacións. Foi todo un éxito!!

Proximamente comezamos coas sesións para familias e profes!!!

 

23/02/2021 CHARLA. "PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS: LUDOPATÍA"

Neste día, o alumnado de 4º de ESO e FP Básica asistíu a unha proveitosa e interesante charla impartida por Gerardo ex- ludópata e a Psicóloga Clínica da asociación AGALURE. Nela, os nenos e nenas puideron coñecer de primeira má as experiencias compartidas por estos chicos, e os riscos que comportan alghunas prácticas habitauis na actualidade. 

                                                  

             

 

 

12/02/2021 ENTROIDO

Este día puidemos gozar dun ENTROIDO diferente. Festexamos unha das tradicións máis arraigadas na nosa cultura seguindo as instrucións que dende o inicio de semana nos ía dando O Meco:

Unllas pintadas, mandil, zapato ou calcetín de colorín, gravata ou colar, máis un peiteado divertido na cabeza,  tocounos levar.

Decoramos o noso vestíbulo cunha orixinal exposición de máscaras elaboradas polo alumnado e degustamos os tradicionais freixós e orellas cos que nos agasallou Anpa Ronsel.

Por suposto, mantemos sempre as medidas de seguridade necesarias neste momento da pandemia!!!

Aquí podesdes ver as instruccións do Meco

 

11/02/2021 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este ano non puidemos contar coa presencia dunha muller científica no noso centro, pero entre outras actividades, dimos visibilidade nas aulas a este día proxectando o seguinte vídeo.

                               

2/02/2021 CHARLA: "TIPOLOXÍA E MANEXO DOS GASES"

Esta semana o alumnado de FP Dual Soldadura, CF Electromecánica de vehículos automóbiles e FP Básica Automoción participou nunha interesante charla sobre a TIPOLOXÍA E MANEXO DOS GASES. Nela puideron coñecer a importancia que teñen os gases como o Argón, Helio, Acetileno, CO2  e Hidróxeno entre outros  para empregar nos diferentes procesos de Soldadura en función do material que se está a soldar.

 
                           

                 

 

2/02/2021 CHARLA E VISITA VIRTUAL : "PROGRAMA EMPRESA FAMILAR NAS AULAS"

A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e Afundación, Obra Social ABANCA, puxeron  en marcha a I Edición do Programa «Empresa Familiar nas aulas», una iniciativa que ten como finalidade fomentar o emprendemento entre a xuventude  a través do seu contacto directo co mundo empresarial.  O noso centro participa co alumnado de 3º de ESO.

O programa prevé unha serie de actividades, que permiten ao alumnado adentrarse no mundo empresarial e, concretamente no ámbito da empresa familiar, reforzando deste xeito os contidos relacionados coa empresa e emprendemento previstos nos seus currículos académicos.

 

Grazas a estas actividades, esta semana tivemos o pracer de contar nas nosas aulas coa presencia de Pepe Castro e Eva Mª Castro da EMPRESA SEVERIANO SERVICIO MÓVIL . Con eles  puidemos coñecer de primeira man  e con gran entusiasmo as orixes  desta empresa familiar pontesa referente no fomento da actividade empresarial. Naceu hai 45 anos e deu lugar a un conglomerado de 19 empresas que alberga a 2000 traballadores repartidos por por todas as comunidades autónomas. 

                         

 

29/01/2021 DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Para conmemorar este día, ao longo desta semana o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca, propuxo unha serie de actividades para celebrar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Coa colaboración e aportacións de membros de varios departamentos, o alumnado de ESO, FP Básica y Dual elaborou orixinais grúas da Paz realizadas mediante papiroflexia. Con elas e co muro da Paz onde o alumnado puido deixar o seu manifesto, decoramos o noso vestíbulo.

                                                

Rematamos coas actividades semanais programadas para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ cunhas fotos grupais con luvas brancas mostrando o noso rexeitamento a toda forma de Violencia.

 

                                                               

12/01/2021 CHARLA USC: "A PANDEMIA DA COVID-19. QUE APRENDEMOS? QUE NOS AGARDA?

Juan Jesús Gestal Otero ofreceunos unha interesante charla para os nosos ciclos formativos na modalidade de video conferencia. Fixo un repaso dos principais aspectos epidemiolóxicos e preventivos da pandemia de covid-19 destacando as principais ensinanzas que nos deixou e cal pode ser a evolución futura.

 

 

11/01/2021 ENCONTRO LITERARIO CO XESÚS FRAGA

Neste día tivemos o pracer de ter con nos ao prezado escritor XESÚS FRAGA, nun encontro literario organizado pola Biblioteca e o Club de Lectura dos argalleir@s das letras.

Xesús, que naceu en Londres onde pasou a súa primeira infancia, é licenciado en Xornalismo e actualmente traballa como redactor na sección de Cultura do periódico “La Voz De Galicia”.

Como escritor cultivou tanto a narrativa infantil e xuvenil coma a narrativa para adultos. Entre as súas obras destaca especialmente  Reo, libro do que puidemos descubrir os seus segredos grazas á entrañable conversa que mantivo co noso alumnado.

Reo, actualmente vai pola 4ª edición, foi distinguida co Premio Raíña Lupa e o Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura xuvenil. Esta obra conta a historia dun rapaz calquera nun barrio calquera, que é o rei dos grafitis na súa cidade: todas as paredes están marcadas coa súa sinatura. É a válvula de escape para todas as preocupacións que sobrevoan a súa cabeza e non hai ninguén que lle discuta ese dereito.

Tamén puidemos coñecer de primeira man algunhas pinceladas da súa novela Virtudes (e Misterios) galardoada co Premio Blanco Amor de Novela 2019. Nela conta a emigración desde a parte dos retornados e fai o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo na procura dun futuro mellor.

Grazas Xesús por compartir con nós, e con tanta amabilidade, as túas experiencias dende o corazón.