Skip to Content

Actividades Extraescolares Terceiro Trimestre 2018-2019

 
21/06/ 2019 XORNADAS DE INICICIÓN E PERFECCIONAMENTO Ó SURF
 
Todo o alumnado de ESO pasou unha maravillosa xornada na Praia de Covas practicando este divertido deporte náutico: O SURF.
 
 
 
 
20/06/ 2019 VISITA DOS ARGALLEIR@S DAS LETRAS Ó CLUB DE LECTURA DO IES MURALLA ROMANA
 
 
 
 
17/ 06/2019 ENTREGA DE PREMIOS PROGRAMA ATRÉVETE
 
No Museo do centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela tivo lugar a cerimonia de clausura e entrega de premios do programa Atrévete 2019 de fomento do Emprendemento, no que participaba por terceiro ano consecutivo o IES Plurilingüe Castro da Uz.
Damos a noraboa ós nosos alumn@s  de 1º de ESO Sara Mobti  e Bruno Picos Carballeira que foron galardoados cunha tablet para cada un polas súas boas ideas para o montaxe dunha empresa.
Agradecemos enormemente a colaboración e participación da asociación de empresarios seara neste atractivo proxecto, e a profesora Amparo Bermúdez e o director José Antonio López que o coordinaron no centro con gran ilusión.
Como centro receptor do programa Atrévete recibimos ós cursos 5º e 6º de Primaria do Ceip a Magdalena en diferentes xornadas organizadas e dinamizadas pola orientadora do instituto Mª José Naveira.
  
                                           
 
7/06/2019 XORNADAS DE ACOLLIDA ALUMNADO 6º DE PRIMARIA
 
 O alumnado de 6º de Primaria visitou as instalcions do noso centro acaompañados do director e a orientadora.

 

 
31/05/ 2019 PRESENTACIÓN DO DESA(DESFIBRILADOR) A TODO O CENTRO.
 
Grazas ó proxecto “Pulseras Salvavidas”, o noso centro é un espazo cardioprotexido e contamos con un desfibrilador na entrada ó mesmo. O venres, 31 de maio, Manuel Cabarcos, do 061, fixo unha presentación referente ó funcionamento e manexo do desfibrilador para todo o alumnado profesorado e persoal do centro.
O vindeiro curso se impartirá formación específica e mais amplia sobre SOPORTE VITAL BÁSICO.
 
 
30/05/2019 XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. COÑECE O NOSO CENTRO.
 
Neste día o persoal docente e non docente do centro acollió a todas aquelas persoas interesadas en coñecer os diferentes ciclos e actividades que se imparten, así como as posibilidades de encontrar un futuro profesioal..
 
 
30/05/2019 VISITA Ó CASTELO DE VIMIANZO,CASTRO DE BORNEIRO, DOLMEN DE DOMBATE E BALARÉS E MONTE BLANCO
 
Noso alumnado de 1º de ESO acompañado por os profesores Javier González, Javier Mogo e Daniel Fernández, fixeron unha bonita excursión pola Costa da Morte. Visitaron : o Castelo de Vimianzo o Dolmen de Dombate o Castro de Borneiro (Cabanas de Bergantiños) e Balarés e Monte Blanco (Ponteceso).
Dita saída foi proposta polo departamento de Xeografía e Historia.
 
 
 27/05/2019 ALMORZOS SAUDABLES
 
Así rematamos cos almorzos saudables que realizamos os luns pola mañá ao longo do curso!!! 

Esta vez o alumnado de 3º de ESO preparou unha excelente combinación que incluía unhas orixinais  brochetas con froitas variadas: amorodos, uvas, mazás, frambuesas, piñas e plátanos, e unhos saborosos sandwiches de xamón o peituga de pavo e queixo.

Aquí temos unha mostra!!

 

 

27/05/2019 OBRA DE TEATRO EN GALEGO

Todo o alumnado de ESO, asistíu á obra de teatro en galego "Made in Galiza" do grupo Os quinquilláns no cine Alovi das Pontes.

Acompañaron na actividade os profesores: Pilar Cordeiro e Natalia Vega e Roberto.

 

23/05/2019 ANDAINA POLO RÍO BELELLE E VISITA Á FERVENZA E OS MUÍÑOS DE NEDA

 O noso alumnado de 3º de ESO, realizou unha bonita Andaina polo río Belelle e visita á Fervenza e os Muíños de Neda, proposta polo departamento de Xeografía e Historia.

Esta ruta tivo como obxectivo desenvolver sobre o territorio o estudado na aula tanto nos apartados de historia como de xeografía, sendo especialmente importante o referido ao aproveitamento hidroeléctrico, potencialidade turística e organización do territorio.

Preciosos paisaxes!!!!

 

21/ 05/ 2019  VISITA  AOS MUSEOS NA MARIÑA LUCENSE

Bonita xornada a que tivo o noso alumnado de 2º de ESO!!

A primeira hora da mañá, foron ó  Museo das Zocas no Castelo do Mariscal Pardo de Cela  en Alfoz, con demostración e degustación de mel a cargo do zoqueiro do Val Alberto Geada. Aquí explicáronlles o xeito tradicional da elaboración das zocas.

Despois, asistiron á visita guiada do Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen no Peirao de Burela, e tras xantar por esta zona remataron coa visita ó Museo Provincial do Mar en San Cibrao  na que coñeceron a historia mariñeira da localidade.

 

 

 20/05/2019 CURSO MANEXO DESFIBRILADOR (DESA). PROXECTO SALVAVIDAS

Como unha iniciativa de ANPA RONSEL pusimos en marcha no centro un proxecto chamado “Pulseiras Salvavidas”. Trátase dunha campaña solidaria que realizan os colexios, institutos, asociacións de veciños, clubs deportivos, ximnasios e outras moitas entidades, co fin de recadar os fondos necesarios para conseguir un desfibrilador para as súas instalacións.

Con esta iniciativa  conseguimos que o IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ  sexa un espazo cardioprotexido. Isto significa que está dotado con un DESA (Desfibrilador Externo Automático) e que ademais temos persoal do centro que recibirá formación específica para saber manexalo.

Dentro deste proxecto tamén se impartirá no centro formación sobre SOPORTE VITAL BÁSICO, que é aberta e gratuíta para todos/as os/as que queirades participar. 

Para financiar este proxecto, desde  ANPA puxerónse á venta unhas pulseiras deseñadas por Kukusumuxu a un prezo de 3 € a unidade, polo que se solicitou a participación activa das familias para que colaborasen na compra de ditas pulseiras que financiaron o proxecto. Cada alumno/a farase cargo das pulseiras que queira, ben para si mesmo/a ou para vendelas a familiares ou amigos/as.

O centro tamén colaboró económicamente na compra do DESA.

 16/05/2019 RELEVO COSTEIRO PONTEDEUME

O alumnado de 2º de ESO, realizou  un Roteiro combinado de sendeirismo e piragüa entre a vila de Pontedeume e Redes proposto polo departamento de Xeografía e Historia.Esta ruta tivo como obxectivo traballar o aprendido na aula con respecto ao mundo romano e o proceso de romanización. Tamén o estudo do relevo costeiro e a xeografía dos espazos litorais.

No seguinte podemos comprobar nun video o ben que o pasaron. https://youtu.be/2fAMA66YeDI 

 14/05/2019  E 23/05 2019 JORNADAS DE PUERTAS ABIERTAS NO CIRCUITO DE KARTING DAS PONTES

 O noso alumnado de ESO e CICLOS tivo a oportunidade de asistir a unhas Xornadas de portas abertas no circuíto de Karts das Pontes, organizada polo concello das Pontes coa colaboración de karting marineda.

Para comezar recibiron unha clase teórica de condución, seguida dun Briefing (sesión informativa) coas normas da carreira, e una pequena historia da evolución dos karts na que coñeceron entre outras cousas que o primeiro  kart  creouse  en California en 1956 por Arte Ingels.

Finalmente en grupos de 6 ou 7 pilotos  subíronse aos karts e participaron nunhas divertidísimas carreiras.

Grazas ao concello por esta iniciativa e por facernos pasar unas xornadas inmellorables!!!

10/05/2019 CONCURSO ESCOLAR EU MERCO NAS PONTES

Este ano, a Asociación de Comerciantes Hostaleiros e Empresarios Ponteses COHEMPO convocou a Primeira edición do concurso escolar “ Eu merco nas Pontes “ O obxectivo deste concurso é inculcar aos máis  pequenos a importancia de mercar nas proximidades do pobo ensinándolles as ventaxas que ten, así como os beneficios que supón: comodidade e cercanía, trato persoal, produtos orixinais, dar traballo aos veciños…

Os nosos alumnos participaron en dito concurso nas categorías de carteis e vídeo, gañando o primeiro premio na categoría de carteis os alumnos de 4º ESO: Silvia Casás, Xoel Carballeira  e Sabela Rodríguez e o segundo os alumnos de 3º ESO: Alex Fraga, Alejandro López, Mateo Gabeiras, Eloy Galdo e  Antón García. Noraboa  a todos eles  e a tod@s os participantes que tamén o fixeron moi ben.

Damos as grazas a Amparo a profesora de plástica pola súa implicación e por animar aos alumnos a participar. 

 

9/05/2019 CHARLA DE INICIACIÓN AO SURF

O xoves 9 de maio, todo o alumnado da ESO asistíu a unha charla de iniciación ao SURF.

A charla tivo como obxectivo dar a coñecer os principios básicos da actividade de surf que realizarán na praia de Covas o dia 21 de xuño.

 

8/05/2019 VISITA AO CONGRESO FP INNOVA

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO,  FP Básica,  e dos ciclos Sistemas Microinformáticos e Redes e Electromecánica de vehículos automóbiles fixeron unha VISITA Á IV EDICIÓN DO CONGRESO DE INNOVACIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL, FP INNOVA GALICIA 2019, que se desenvolve no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os días 8, 9 e 10 de maio.

 Alí puideron  coñecer:

-A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 36 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.

-A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de miniempresas que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha, no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende. 

-A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías....... robótica aplicada, deseño e impresión 3D, vehículos non tripulados, electrónica, imaxe persoal, artes gráficas, téxtil, repostaría, técnicas culinarias ou coctalaría.

 Unha magnifica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional!!

 

6-10/ 05/2019 VIAXE DE ESTUDOS 4º ESO. ROMA.

Nosos alumnos de 4º de ESO estiveron de viaxe de estudos en ROMA.

Foi unha viaxe moi aproveitada na que camiñaron moito, coñeceron con detalle esta fermosa cidade e visitaron lugares emblemáticos como o Panteón a Fontana de Trevi e a Praza de España, o Coliseo o Foro Romano e Palatino e os Museos Vaticano e a Capilla Sixtina. E non podía faltar a visita á Vila Borguese e ás Catacumbas de S. Calixto, S. Sebastián, Domitila e Sta Inés.

Agradecemos ao Anpa Ronsel a súa colaboración, e aos profesores Jose Ángel Vázquez e Javier Mogo que acompañaron aos pequenos nesta aventura inesquecible.

 

 

 

3/05/2019 ANDAINA POLO RÍO CUBERTO. BELELLE, A CAPELA

O  venres 3 de maio todo o alumnado de 1º de ESO, realizou unha Andaina polo Río Cuberto proposta polo departamento de Xeografía e Historia.

Esta ruta tivo como obxectivo traballar o aprendido na aula con respecto aos métodos de análise territorial, lectura de mapas, interpretación de imaxes cartográficas e de coordenadas xeográficas.

Realizouse entre os lugares de Cabalar e Formariz que inclúe a visita ao lugar de río Cuberto. 

No seguinte enlace podemos ver un  divertido video desta actividade:https://youtu.be/QTZ_NzxOIcA   

3/05/2019 VISITA Á EMPRESA ENDESA

O alumnado de 2º, 3º, e 4º de ESO visitou a Central térmica das Pontes pertencente á empresa ENDESA. Trátase  dunha central térmica alimentada con carbón e gas natural e consta dun ciclo convencional de 1468 MW de potencia e dun ciclo combinado de 800 MW.

Resultou moi interesante xa que coñeceron de forma amena e divertida como se emprega o carbón, o petróleo, o gasóleo e o gas natural para xerar enerxía eléctrica.

 

 

29/04/ 2019 ALMORZOS SAUDABLES

Continuamos cos almorzos saudables que realizamos no instituto os luns pola mañá. Esta vez o alumnado de 3º de ESO preparou unha excelente combinación que incluía un exquisito zume de laranxa e unhos sabrosos sandwiches de xamón e queixo.

 

22-23-24/ 4/ 2019 VIAXE DÍA DO LIBRO

Os alumnos do club de lectura “argalleir@s das letras” do Ies Plurilingüe Castro da Uz (1º, 2º e 3º de Eso) celebraron o día do libro en León, e compartiron esta actividade co club de lectura “lecturas e andanzas” do Ies Muralla Romana  de Lugo.

No primeiro dia fixeron unha visita guiada e comentada polo León Medieval, entraron á catedral e asistiron á interesante explicación das vidreiras.

O día do libro pola mañá realizaron a lectura continuada da obra Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor, en galego, castelán, inglés e francés. Elixiron as palabras máis bonitas, e  compuxeron ó poema final (un cablegrama). Pola tarde visitaron o Palacio del Conde Luna e o Palacio de lo Guzmanes, o edificio  Botines de Gaudí, o paseo de Papalaguinda e o Parque do Cid.

Para rematar a viaxe o último día foron ao pobo Castrillo de los Polvazares declarado conxunto histórico- artístico dende 1980 e fixeron una ruta polas Médulas visitando La Cuevona ( Patrimonio Mundial da UNESCO), onde lles explicaron a historia deste máxico lugar. 

Unha experiencia inesquecible!!!!

10/4 /2019 VISITA Á FEIRA DE ORIENTACIÓN

O 10 de abril os alumnos de  4º de ESO e 1º de FP Básica visitaron a Feira de Orientación en Ferrol acompañados pola orientadora do centro Mª José Naveira e Gerardo Ortega, tutor de 1º de FP Básica. Foi unha xornada moi proveitosa na que coñoceron diferentes escolas e facultades.

10/4 /2019 ENTREVISTA EN INGLÉS AOS XOGADORES DO OBRADOIRO CAB 

Noso alumnado de 1º de ESO estivo có equipo de baloncesto do Obradoiro CAB no pavillón municipal das Pontes, onde fixeron unha entrevista en inglés aos xogadores Vladimir Brodziansky, Ben Simons e Kyler Singler relacionada co tema do reciclaxe no deporte.

Acompañaron e axudaron a preparar ista actividade as profesoras de ingés Sofía Pita e Flora Formoso.

8/4/ 2019 TALLER DE RECICLAXE ARTÍSTICO

Interesante traballo ó que fixeron os alumnos de 2º de ESO na asignatura de Taller de reciclaxe artístico e Inglés, co obxecto de concienciar sobre a importancia  do  reciclaxe para coidado do planeta e do medio ambiente e o sinxelo que resulta re utilizar artículos evitando xerar máis lixo no noso entorno.

Aquí temos unha mostra.

 

5/4/2019 CONMEMORACIÓN DIA  MUNDIAL DO AUTISMO

Nosos alumnos de 1º e 2º de ESO participaron nunha campaña de concienciación do AUTISMO xunto coa asociación Aspanaes, baixo o lema “I ꚙ autismo. Unha dinámica nova para o autismo”.

Leváronse a cabo as seguintes actividades:

-Xuntanza no Pavillón Municipal con outros coles e institutos das Pontes.

-Lectura do Manifesto do Día do Autismo por parte do alumnado, 

-E unha divertida Master Class de Zumba onde os nenos e nenas bailaron e divertíronse.

 

O obxectivo desta campaña foi promover unha imaxe real e positiva das persoas con TEA (trastorno do espectro autista) que contribúa a visibilizar á súa realidade é necesidades, así como o seu talento e capacidades.

 2/4/2019 CHARLA INFORMATIVA DA ESCOLA SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA

Todo o alumnado do centro puido asisitir a unha charla a cargo de Oscar Alfeirán Varela, representante da escola superior de hostalaría de Galicia na que  informou minuciosamente sobre cuestións como titulacións, saídas profesionais, requisitos e admisión, procesos de selección...planes de estudos e diferentes acividades que se realizan nesta escola.

2/4/2019 ROTEIRO POLAS FERVENZAS DE SOMEDE

O alumnado de 2º de FP Básica, realizou un  fermoso ROTEIRO POLAS FERVENZAS DE SOMEDE (As Pontes) proposto polo departamento de Xeografía e Historia

Esta ruta  polo río do Campo e a cola do embalse do Eume, tivo como obxectivo traballar o aprendido na aula con respecto ás técnicas de análise xeográfica rexional, procesos erosivos, aproveitamentos hidroeléctricos e potencialidades e conflitos entre os usos tradicionais e modernos nos espazos rurais.

 

 

28/3/2019 VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

O alumnado de 2º, 3º e 4º  de ESO realizou unha interesante visita ao Parque Eólico de Sotavento  en Xermade, Lugo.

Nun mundo caracterizado polo esgotamento de recursos enerxéticos e polos graves problemas ambientais derivados dun excesivo consumo de enerxía, é necesario tratar de tomar conciencia da necesidade de promover novos modelos de desenvolvemento que axuden a diversificar as fontes enerxéticas á vez que impulsen o aforro e o uso enerxético responsable. Nesta liña, e buscando  unha Educación Ambiental de calidade, nosos alumnos puideron tomar conciencia da repercusión das actividades humanas no medio, fomentando a reflexión dun uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral. 

 

 

25/3/2019 OBRADOIRO PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.

O alumnado de ESO e FP Básica participou no noso centro nun orixinal obradoiro: “Ponlle as pilas ao teu bocata”, unha actividade complementaria dentro do programa Aliméntate Ben.

Nel aprenderon moitas ideas novas para facer bocatas doutra forma máis saudable e aproveitando as conservas e os produtos do mar.

Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.

A campaña estivo deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, para por de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxía asociada á forza, vitalidade, crecemento, pero tamén xogo e diversión.

O obradoiro contemplou actividades informativas, xogos e, sobre de todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.

 

22/3/2019  VISITA DO ALUMNDADO DO CEIP A MAGDALENA. PROGRAMA ATRÉVETE.

Tivemos unha visita moi interesante no noso centro. Viñeron a coñecernos o alumnado de 6º de Primaria do CEIP A MAGDALENA dentro do programa ATRÉVETE de fomento do Emprendemento, no que colabora a Asociación de Empresarios SEARA.

Tras a recepción e benvida por parte do director do centro, asistiron a dúas charlas, unha a cargo da orientadora Mª José Naveira, e outra a cargo de Cristobal Piñón representante da empresa Intacta.

Despois dun pequeno descanso e almorzo fixeron un percorrido polas instalacións do centro onde lles chamou especialmente a atención os talleres e as curiosas explicacións que alí lles deron.

Para rematar realizaron no salón de actos una divertida actividade de monecos de plastilina organizada pola profesora de debuxo Amparo Bermúdez, e mais tarde o alumnado de teatro os sorprendeu cunha orixinal obra de teatro en inglés organizada pola nosa profesora de inglés Sofía Pita.



page | by Dr. Radut