O instituto participou neste curso no Plan Proxecta, neste proxecto para mellorar os hábitos alimentarios de toda a comunidade educativa, potenciar estilos de vida activa e a utilización de parámetros de vida saudable.
Educar os nenos/-as e os adolescentes en Hábitos Saudables, desde unha idade temperá, resultará a medida preventiva máis eficaz para mellorar a súa saúde ao longo de toda a súa vida. Establecendo rutinas saudables, ensinándolles a coñecer as propiedades, calidades e beneficios dos alimentos, estaremos investindo en saúde.
No blog https://alimentateben-castrodauz.blogspot.com/ podes ver todas actividades levadas a cabo durante o curso.
Xa a volta da viaxe a Florencia preparamos un acto de graduación para os alumnos e alumnas que abandonan o centro despois de cursar o catro anos da ESO. Parabéns e moita sorte no futuro!
O derradeiro día de clase, os alumnos de 1º e 2º ESO trasládanse ás praias de Ferrol a unha sesión de bautismo de Surf e outras activiades acuáticas.
Como remate da súa andaina no noso instituo, os alumnos e alumnas de 4ºESO vanse de viaxe de fin de etapa a Florencia, visitando os sitios de maior interese como o Duomo, Galleria de l'Accademia, Galería Uffizi, etc. Tamén farán unha excursión de día completo a Siena-Pisa-San Gimignano.
Este venres acudimos a Santiago á clausura e entrega dos premios do programa “Atrévete” de fomento do emprendemento. Parabéns ao alumnado de 1º ESO participante no concurso, e en especial aos dous gañadores: David e Jimena. A continuación aproveitamos a visita a Santiago para visitar as instalacións do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).
08/06/2018 Visita ao Muncyt
Visita a o Muncyt da Coruña, na que participaron en talleres prácticos de electricidade e electrónica. Asistiron os alumnos/as de 1ºFPB.
Os alumnos e alumnas de 6ºEP dos colexios da vila que están matriculados para curso 2018-19 foron recibidos nesta xornada para coñecer as novas instalacións, os seus novos compañeiros, etc.
Nesta nova saída do depto. de Xeografía e Historia, tocoulle ás vilas mariñeiras de Pontedeume e Redes nun fermoso roteiro ao que asisitiron os alumnos e alumnas de 2ºESO. Velaí o video da actividade.
Os alumnos de Electromecánica de Vehículos visitaron as instalacións da Escudería Vallejo Racing, en Lugo, para ver as últimas novidades na preparación de coches para competición.
Visita dos alumnos e alumnas dos ciclos de Administración e Finanzas e Sistemas Microinformáticos e Redes ao novo centro loxístico de Inditex en Narón
Esta sede, inaugurada en 2016, está equipada con modernos sistemas teconolóxicos e de sostenibilidade ambiental.
Alumnos do ciclo de grao medio de Electromecánica de Automóbiles realizaron unha demostración do seu traballo no taller. Nun tiempo récord, en menos de 30 minutos, desmontaron unha caixa de cambios, abrierona, volveron a montala e a colocaron nun vehículo. E un traballo co que se pretende visualizar e dar a coñecer os proxectos que levan a cabo no taller. No evento estiveron presentes alumnos de 3º e 4º ESO do instituto.
Os alumnos e alumnas de 4ºESO fixeron este venres este roteiro na zona de Compostela.
En marzo de 1856 tivo lugar en Conxo un banquete de gran trascendencia. Organizado por Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, obreiros e estudantes runíronse nun acto de reinvindicación dos valores revolucionarios de Igualdade, Liberdade e Fraternidade. O "Banquete de Conxo" pasará á historia como referente simbólico e influirá de maneira determinante no Rexurdimento. Nós decidimos viistar ese mítico lugar para poder comprender mellor a fermosa historia que alí aconteceu.
18/05/2018 Roteiro polo Río Cuberto
Nova saída do departamento de Xeografía e Historia, nesta volta polo Río Cuberto (A Capela), cos alumnos e alumnas de 1ºESO. Aí tedes un video da actividade:
16/05/2018 Teatro "Leonardo e os Fontaneiros"
Para a conmemoración do día das letras galegas os nos alumnos e alumnas dos catro cursos da ESO asistiron a respresentación organizada polo Concello das Pontes desta obra da autora María Victoria Moreno.
Saída do departamento de Xeografía e Historia cos alumnos de 2ºESO. Na nosa canle de Youtube tedes un video da actividade.
Esta foi unha xornada preparatoria para a actividade de surf que terán o derradeiro día lectivo do curso. Tratou de temas importantes sobre este deporte, que logo empregarán na praia o día da actividade. Dirixida a 1º, 2º e 3º ESO.
Como complemento do módulo de FOL, no bloque de Riscos Laborais, contamos coa colaboración da Cruz Vermella para ofrecer un taller práctico das técnicas básicas de primeiros auxilios: RCP, maniobra Heimlich, etc. Foi dirixido a alumnos/as de 1ºAF, 1ºSMR e 1ºME.
Un ano máis Endesa, a través do seu programa de Voluntariado dos seus empregados, ofrécenos unha serie de formación tanto en charlas como en visitas á central. Nestas dúas xornadas tivemos charlas para os nosos alumnos e alumnas de ciclos formativos:
Como continuación á visita á Serra do Xurés para reforestación das áreas queimadas neste inverno, o doutor en Bioloxía Serafín González Prieto, membro do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, ofreceunos unha visión completa das causas dos incendios, medidas que podemos tomar para a súa prevención, etc. Asistiron todos os cursos da ESO.
Os alumnos e alumnas dos ciclos de 1ºSistemas Microinformáticos e Redes, 1º de Informática de Oficina, Mantemento Electrónico e Electromecánica de Vehículos asistiron ao congreso FP Innova Galicia en Santiago de Compostela.
Dirixida a alumnos/as de 1º ESO, esta xornada consistiu nunha obra de teatro en inglés, en Vimianzo, e a visita ao Aquarium Finisterrae na Coruña. Ao mediodia o xantar foi na Domus, tamén na Coruña.
Como derradeira actividade deste proxecto asinado coa Diputación, tivemos unha charla coas familias para debater sobre a temática do traballo desenvolvido polos alumnos e alumnas: a violencia de xénero. Comentáronse tamén a visión e a respostas dos alumnos/as ante ante as situacións plantexadas.
Dentro do programa Atrévete do Proxecto Eduemprende, os alumnos/as de 5ºEP e 6ºEP do CEIP A Magdalena visitaron o noso centro e participaron en distintas actividades: unha charla de emprendemento, talleres creativos, visita ás instalacións, etc.
Desde o Concello das Pontes, ofrecéronnos esta charla sobre búsqueda activa de emprego no que se trataron temas como a elaboración do curriculum vitae, a preparación das entrevistas de traballo,etc. Foron dúas charlas, unha para os alumnos/as de 4ºESO e outra para os alumnos/as de Ciclos formativos e ensinanzas de adultos.
A asociación A.F.A.E.S Porta Nova de Ferrol dentro do seu proxecto "Programa Descubre:No bloquees tu salud mental" impartiu dúas charlas, unha aos nosos alumnos e alumnas de FP Básica de Informática de Oficina e outra aos alumnos/as de 1º,2º ESO
“se estima que la prevalencia de problemas de salud mental en la población infantil y adolescente de nuestro país está entre un 10% y un 20%, y que más del 70% de todos los trastornos mentales comienzan antes de los 18 años. Por este motivo es importante trabajar en la prevención lo antes posible, para que los más jóvenes dispongan de pautas y herramientas que les permitan reconocer de forma temprana la aparición de los primeros signos de estos trastornos, y también para aprender no estigmatizar a las personas por este motivo”.
Dentro do proxecto da Alameda das árbores celtas, o equipo da biblioteca preparou un interesante taller con actividades sobre as plantas celtas. Contaron coa presenza da farmacéutica Camino Pérez Martín que lles achegou ás características e propiedades de distintas plantas como a menta, valeriana, etc.
Os alumnos e alumnas do ciclo de Grao Superior O departemento de Administración e Finanzas asistiron a este curso de TPV organizado por ABanca no IES Terra de Trasancos en Narón