Skip to Content

Comunicado sobre a supresión do Bacharelato no IES Castro da Uz

Trala reunión do Consello Escolar Municipal celebrado o mercóres dia 15 do presente mes, no que se abordou como único tema : o anuncio por parte da consellería de 
educación a inminente supresión do bacharelato no ÍES Castro Da Uz, o ANPA deste centro quere informar ás nais e pais asi como ao alumnado das medidas que se 
tomaron: 
- Rexeitamento unánime ao peche desta unidade educativa por considerar que os motivos son ante todo económicos e isto vai en detrimento da oferta educativa na nosa vila. 
- A preocupación pola supresión futura da ESO neste centro por motivos similares aos expostos. Deste xeito a masificación das aulas e o empobrecemento da calidade do ensino estaría asegurada. 
- Solicitouse á inspectora que asistiu por parte da Conselleria que trasladara ao Xefe Territorial a petición dunha reunion urxente co Conselleiro de Educación para exponer e defender os nosos criterios. 
- Petición á Xunta de que se abra o prazo de matricula ( do 1 ao 20 de Marzo segundo o previsto) no ÍES Castro Da Uz para poder comprobar se existe ou non o ratio necesario. 
Esperemos que as peticións solicitadas sexan atendidas á maior brevidade posible, o que nos permitirá seguir actuando con determinación para conseguir a continuidade do bacharelato.  

ANPA RONSEL



blog | by Dr. Radut