Actividades Extraescolares Segundo Trimestre 2016-2017

24/3/2017: Charla-taller Endesa "Enerxía para o futuro"

O noso instituto ven de firmar con Endesa un convenio (xunto co IES Pena Novo de Vilalba) para desenvolver este proxecto de colaboración chamado "Enerxía para o futuro". Este é un programa de voluntariado entres os empregados da empresa para transmitir o seu coñecemento e experiencias aos alumnos de ciclos de formación profesional, tanto en forma de charlas, talleres, visitas á central, etc.

Neste contexto, esta primeira charla-taller foi dirixida aos alumnos dos ciclos de formación profesional do centro sobre a prevención de riscos laborales en entornos de risco como é unha central térmica. Os ponentes foron o responsable de mantemento e o responsable de Prevención e Seguridade.

A charla foi moi interesante,  con moitas experiencias persoais e con orientacións laborais para os alumnos e unha boa participación entre os asistentes.

24/3/2017: Visita ao campus da UDC en Ferrol

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º visitaron durante toda a mañá os campus universitarios de Esteiro e Serantes en Ferrol. Tiveron charlas sobre as distintas carreiras ofertadas e puideron ver os talleres das distintas instalacións. Este foi o programa.

09:00h - 09:15h Recepción no salón de actos. Breve presentación do SAPE
09:15h - 09:20h Desprazamento
09:20h - 09:50h Visita á Escola Politécnica Superior
09:50h - 09:55h Desprazamento
09:55h - 10:25h Visita á Facultade de Humanidades e Documentación
10:25h - 10:30h Desprazamento
10:30h - 11:00h Visita á Escola Universitaria de Deseño Industrial
11:00h - 11:05h Desprazamento
11:05h - 11:35h Visita á Facultade de Enfermaría e Podoloxía
11:35h - 12:05h Chococamp
12:05h - 12:10h Desprazamento
12:10h - 12:40h Visita á Facultade de Ciencias do Traballo
12:40h - 13:00h Traslado ao campus de Serantes
13:00h - 13:30h Visita á Escola Universitaria Politécnica
13:30h Fin da visita 

Plano do campus:

24/3/2017: Charla sobre lesións medulares

Dous voluntarios da Asociación AESLEME derónnos este venres esta intersante charla para os alumnos de Formación Profesional Básica sobre os accidentes medulares, desde o punto de vista médico como unha experiencia en primeira persoa.

En Aesleme (Asociación para el estudio de la lesión medular espinal) nos dedicamos a la prevención de aquellos accidentes que provocan lesiones medulares y cerebrales, así como a la sensibilización social, no sólo para disminuir la cifra de fallecidos y heridos, sino también para transmitir, a la población, los problemas –sociales, psicológicos y físicos- a los que se enfrentan las personas discapacitadas después de un accidente. Por ello, damos apoyo psicológico y jurídico gratuito e intervenimos en los proyectos de integración social (empleo, accesibilidad universal, etc.)

Aesleme, además de estar declarada de "utilidad pública", muestra con claridad el desarrollo de su actividad, por lo que está considerada como "ONG transparente" por la Fundación lealtad y ha obtenido la Iso 39001, de Seguridad vial, y la 9001, de Calidad. Nuestra filosofía, que transmitimos a través de campañas de prevención, es “que nadie sufra un accidente por falta de información”.

16/3/2017: Teatro grecolatino en Ourense 

Este xoves os alumnos de 3º e 4º disfrutaron dunha xornada literaria completa, cunha ruta de polo centro de Ourense, visitando as termas e finalmente co teatro grecolatino.

 

15-16/3/2017: Visita Feira MotorTec 

Os alumnos do ciclo de grao medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles foron a Madrid a feira Motortec a ver as últimas novidades no sector do automóbil.

 

7/3/2017: Taller de Lectura con Carlos Negro

O martes 7 de marzo, os argalleiros e argalleiras das letras tivemos o pracer de ter connosco a CARLOS NEGRO, un dos poetas galegos actuais, ao cal sorprendemos cunha entrevista para radio RAS. 

 

Despois  de responder a todas as nosas preguntas, saber que a SORBEIRA era a súa árbore celta e lerlle como definían os celtas ás persoas que nacían baixo a protección desta árbore: 

"A  SENSIBILIDADE. Son persoas encantadoras, alegres, desinteresadas, incansables,  amantes da vida, das emocións, do bo gusto, e mesmo dos problemas. Son apaixonadas, emocionais (dóciles ou independentes), boas compañeiras e non esquecen. A SÚA COR: GRIS CLARA". 

Comezou a explicar poemas das suas obras. Para facilitarnos a comprensión e facelo  máis divertido botou man a  recursos como bonecas para escenificar poemas de "Penúltimas Tendencias" ou facer un rap cun poema de "Makinaria".

 Tivemos un final moi doce, xa que nos definiu a poesía cun poema  do poeta vasco Kirmen Uribe, mentres nos deu a saborear unha onza de chocolate negro: “Un poema é unha onza de chocolate : pequeno, escuro e o máis bo do mundo”. 

 

 

 

 

  

 

3/3/2017: Taller Emprende Xove (AJE Ferrol)

Nova actividade dentro do programa Emprende Xove organizado pola Asociación de Novos Empresarios de Ferrol, na que se traballa na creatividade e emprendemento. Participan os alumnos de 4º da ESO de Educación Plástica e Visual. 

2/3/2017 Visita a Gadisa

Os alumnos e alumnas do ciclo de Grao Superior de Administración e Finanza visitaron as instalacións centrais de Gadisa no polígono de Piadela en Betanzos. Na visita seguiron diferentes procesos empresariais, de loxística, recursos humanos, etc.

24/2/2017: Festa de Entroido

O venres, a patir das 12:10h  tivemos a festa de Entroido. A ANPA e o Concello trouxeron freixós, filloas e bebidas. Tivemos concurso de disfraces e tamén un karaoque con premios en ambas actividades.

1º premio: 1ºESO: Circo

2º premio: 3ºESO: Gatos

 

3º premio: 2ºSMR: The Walking Dead

 

 

1º premio karaoke

 

2º premio karaoke

21/2/2017: Visita ENDESA

Os alumnos de 2º curso do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións e 2º do ciclo de grao básico de Electricidade e Electrónica visitaron a Central Térmica de ENDESA en As Pontes.

La central térmica de As Pontes es una central térmica convencional situada en el muncipio de As Pontes de García Rodríguez, al noreste de la provincia de La Coruña. Consta de cuatro grupos generadores con una potencia total de 1.468,5 MW. El complejo cuenta además con dos centrales hidroelectricas (60 MW), el núcleo eólico de Tesouro (161 MW) y la central de ciclo combinado de gas natural (800 MW). Todo ello forma el centro generador más importante de España.

La central ha obtenido de AENOR el certificado de gestión ambiental ISO 14001, que acredita que sus actividades se realicen de forma respetuosa con el medio ambiente. Actualmente As Pontes también cuenta con un lago, que fue creado para lograr la recuperación medioambiental de los terrenos que conformaron la mina de lignito de As Pontes, explotada a cielo abierto hasta el año 2007, con el fin de suministrar combustible a la central térmica.

La creación del lago no sólo supuso el llenado del hueco y su reintegración en el entorno hídrico, sino que abarcó la restauración de la ribera y su protección frente a la erosión. 

 

21/2/2017: Feira de Orientación - Fene

O pasado martes 2 de febreiro tiveron lugar as III Xornadas de Orientación organizadas polo IES de Fene e que contaron coa colaboración do concello de Fene. Nelas participaron estudantes e centros de toda a comarca, así como universidades e outras entidades que os estudantes terán en conta á hora de elixir o seu futuro académico ou profesional.

Los 1.100 alumnos de 4º de ESO y Bachillerato de las comarcas de Ferrolterra, Eume y Ortegal que acudieron a las terceras jornadas de orientación promovidas por el IES de Fene, ayer en el pabellón de San Valentín, recabaron información y asesoramiento sobre las opciones de futuro en el ámbito académico. Docentes de 23 centros -institutos, la Universidade da Coruña, la Universidade de Santiago de Compostela, la Universidad Europea de Madrid, a Escuela Picasso y la Armada- respondieron a las preguntas de los jóvenes. Algunos dudan entre los estudios universitarios o la formación profesional y otros no acaban de tener claro qué especialidad cursar. Con esta iniciativa el IES de Fene pretende ayudarles a despejar el camino.

10/2/2017: Visita R e Teleperformance

Os alumnos e alumnas do ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes visitaron este venres as inslacións técnicas de R no polígono da Grela na Coruña, e tamén o contact center Teleperformance. Na primeira empresa tiveron primeiro unha charla sobre a historia e infraestructura de telecomunicacións de R en Galicia  para continuar cunha visita guiada ás instalacións.

En Teleperformance puideron observar unha empresa cuns estándares de seguridade de datos moi altos. Contáronlles á súa función, como é o proceso de selección de persoal, o requisitos  de seguridade ao que están obrigados os traballadores, etc.


4/2/2017: Argalleiros e argalleiras das letras: Video DAC Outono Cultural

O club de lectura "Argalleiros e argalleiras das letras" do noso instituto ven de participar, xunto con outros colectivos e axentes culturais da provincia, unha relectura audiovisual do poema de Manuel María "Galiza" (Os soños na gaiola, Edicións Xerais 2000) organizada pola diputación da Coruña, dentro do seu programa: DAC Outono Cultural
Neste video podedes ver o resultado:


https://www.youtube.com/watch?v=qmBQo1OGGdY
E esta é a lista de reproduccion dos videos de todas as entidades colaboradoras:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLcc0janY55Lxiim6N-037NOLQAb9z_W7R

 

30/1/2017: Argalleiros e argalleiras das letras: Contacontos pola PAZ

 

Un ano máis os argalleiros e argalleiras das letras convertíronse en mensaxeiros e menxaxeiras da PAZ. Este ano gozaron cos nenos e nenas do CEIP de Xermade contándolles as nosas historias e pasando uns momentos felices entre todos e todas, porque sabemos que a felicidade e a alegría son necesarias para conseguir a maxia e facer que neste mundo reine a PAZ.

Este é un video resumo da actividade

 

 

25/01/2017: Encontros Literarios: Rubén Ruibal

O “Ministerio de Educación, Cultura y Deporte” a través da “Secretaría de Estado de Cultura”, ven de seleccionar ao noso instituto para participar no Programa da “Dirección General de Industrias Culturales y del Libro” Encuentros Literarios2017.
A data de celebración do mesmo será o mércores 25 de xaneiro de 2017 ás 11:20, no salón de actos, e contará ca presenza, como autor invitado, do actor e dramaturgo, Rubén Ruibal. 
Este programa ministerial, que forma parte do “Plan de Fomento de la Lectura” da “Subdireción General de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas” ten o dobre obxectivo de potenciar o hábito de lectura entre os estudantes ao tempo que difunde a obra dos principais autores nacionais. Nestes encontros literarios búscase que un autor español, de recoñecido prestixio,se desprace ata o centro educativo para dar unha charla sobre a súa obra e manter un coloquio cos estudantes.

ruben-ruibal

23/01/2017: Charla taller prevención de drogodependencias 

Nas horas de titorías de catro luns (23 xaneiro, 6, 13 e 20 de febreiro)  os alumnos de 2º e 3º ESO traballarán distintos aspectos en torno as drogodependencias. 

Os talleres son impartidos pola asociación ADAFAD.

adafad

 La Asociación de Ayuda a Familias de Drogodependientes es una entidad sin ánimo de lucro, no confesional e independiente de toda filiación política. Su financiación cuenta con la colaboración de numerosos organismos, tanto públicos como privados. Ha sido declarada de Utilidad publica por Orden del Ministerio del Interior el 4 de Abril de 2006, Orden INT/1395/2006, de 4 de Abril, BOE nº 112 de 11 de Mayo de 2006.

20/01/2017: Programa Atrévete. Eduemprende

Este venres recibimos aquí no centro ao alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI Monte Caxado dentro das actividades do programa "Atrévete" que fomenta a cultura do emprendemento. O programa é o seguinte:
- 10:30h chegada ao centro
- 10:30 ata 11:30 aproximadamente, charla dun responsable da Asociación Seara, Jesús Bermúdez, Óscar alumndo de 2º FPB e a dirección.
- 11:30 Pequeno ágape de recibimento no hall. 
- 12:00 Visita as instalacións do centro. 
- 13:30 remate da visita.

16/01/2017: Visita aos Museos Científicos Coruñeses

casa das ciencias

Os alumnos de 3º e 4º da ESO e 2ºFP Básica visitan os tres museos científicos coruñeses. Ás 10:00h comenzarán coa Casa das Ciencias: exposición e sesión de planetario. Ás 12:00  traladaranse á Domus para ver a sala de exposicións e unha sesión de Magnavisión na mesma Domus. Despois de xantar, continuarán polo Acuarium Finisterrae. A chegada de volta ás Pontes esta prevista entorno ás 6 da tarde.

 

 

 

 

 

 

 

 

13/01/2016 Programa Atrévete - Plan EduEmprende

Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

programa atrevete- eduemprende

O obxectivo deste programa é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

Os nosos alumnos de 1ºESO e 2ºESO visitan este venres a asociación de empresarios SEARA onde disfrutaron da charla dun emprendedor e visitaron a innovadora granxa Xaraleira donde puideron disfrutar da compaña de ratos, cobaias e coellos.

eduemprende