Skip to Content

Actividades Extraescolares 1º trimestre CURSO 2012-2013

 

21/12/2012: Festa de Nadal: Competicións deportivas

O venres 21 terán lugar no noso centro e no IES Moncho Valcarce competicións de fútbol e brilé entre alumnos de ambos os dous centros. Ao rematar os encontros farase entrega dos premios ás postais navideñas.

 

 

 

19-20/12/2012: Charlas sobre Resolución de Conflitos e Marxinación


A Asociación Acivros organiza para esta última semana de clases dúas interesantes charlas para os nosos alumnos da ESO. O mércores 19, ás 10:30 paa os alumnos de 1º e 2º da ESO: "Resolución pacífica de conflitos", e os xoves 20, tamén ás 10:30, para os alumnos de 3º e 4º da ESO: "Marxinación e exclusión social".

 

 

18/12/2012: Rutas literarias polo museo de Lugo 

 

Para os alumnos de 1º e 2º da ESO.

Realizarase a actividade en grupos: ás 10 h. entrará 1ºESO ao museo, no que descubrirá este espazo da man dos Contos do museo. ás 11.30h. entrará 2ºESO.

Mentres un grupo realiza a actividade, os outros compañeiros realizarán o Xogo "Coñecendo Lugo". Seguindo unhas pistas achegadas polo profesorado, terán que cumprimentar as preguntas e achegar as probas de que percorreron o núcleo histórico grazas á súa pericia de investigadores. Xogo que realizará o outro grupo cando remate a súa estancia no museo.

 

14/12/2012: Concurso de Postais Navideñas

Coa colaboración da ANPA Ronsel o instituto organiza un concurso de Postais Navideñas. Podes presentar a túa ata o 14 de decembro.

O xurado reúnese o luns 17 de decembro e a entrega de premios terá lugar o venres 21 ás 11:15h

 

3/12/2012: Teatro en Francés en A Coruña

Todos os alumnos de francés do centro, desde 1º ESO ata 1º Bacharelato, asistirán á representación de teatro: L'Avare de Moliere no IES Universidade Laboral (Cruceiro Baleares) Sairán as 8:40 da mañá do Instituto para estar del volta ás 13:20h.

Neste enderezo tedes toda a información, o programa de mano, a guía educativa, etc: http://www.einadescola.com/einadescola/index.html


SINOPSIS
Harpagón, un personaje avaro y mezquino, que única y exclusivamente vive para el dinero, está secretamente enamorado de Marianne, sin saber que ella ama a su hijo, Cleante. Aun así, el único amor verdadero de Harpagón es su dinero. Molière nos vuelve a presentar uno de sus personajes más laudables, Harpagón, dominado por la avaricia. Espectáculo en francés, con fragmentos en castellano para ayudar a la comprensión, pensado especialmente para los que se inician con la lengua francesa.


22-23/11/2012: Celebración do día contra a violencia de Xénero

 O departamento de Servizos Sociais de As Pontes dará dúas conferencias no noso centro con motivo do Día contra a Violencia de Xénero. Estarán a cargo da directora do Centro de Información á Muller, Maca Rego.  

 3º ESO: Día 23 de novembro na hora de titoría (13:20h)
1º BAC: Día 22 de novembrro na hora de Filosofía (13:20h)

  Pulsa aquí para ver video conmemorativo  

20/11/2012: As nosas alumnas Ariana e Andrea (2ºESO) gañan o I Concurso Fotográfico: "Drogas: Sentindo a Realidade"

Baixo o título "Drogas:Sentindo a realidade" a Asociación Abeiro de axuda ao drogodependente ven de organizar o primeiro concurso fotográfico no que  participaron xoves entre os 12 e os 30 anos. A temática proposta baseábase nas drogas e os sentimentos e valores que provocan na sociedade. Os participantes debían plasmar nas súas instantáneas diferentes situacións ou lugares nos que están presentes as drogas e os sentimentos e valores que estas provocan.

O xurado, composto por: un representante da Asociación Abeiro de Axuda ao drogodependente de As Pontes, un representante da Asociación de Alcohólicos Rehabilitados Adiante de As Pontes, un representante do Concello de As Pontes, un profesional do mundo da fotografía e a coordinadora do programa para a prevención de drogodependencias na adolescencia Zona Zero decidiron otorgar o primeiro premio, na categoría xuvenil, ás nosas alumnas de 2ºESO: Ariana Goás Blanco e Andrea González Grandío pola súa fotografía: "Negras bágoas":

 

16/11/2012: Teatro: Kafka e a boneca viaxeira

Organiza: Concello de As Pontes
Día e hora: Venres 16 de outubro - 12h.
                 Recollida do autobús ás 11:45
Duración: 75 min.
Lugar: Cine Alovi
Grupos: 1ºESO  (26 alumnos)

Kafka e a boneca viaxeira texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os rincóns do mundo.

Para a versión galega, Sandra Romarís, Emilio Cao e Xocas López adaptaron o texto orixinal de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura no 2007, teatralizado por Guillem J. Graells. Baixo a dirección de Cristina Domínguez e Fernando Bernués, o espectáculo conta cun elenco de caras moi coñecidas no teatro galego. Xosé Manuel Olveira Pico, que na montaxe interpreta a Kafka, é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. Rocío González, que exerce de Elsie na obra, traballou para o Centro Dramático Galego e outras compañías galegas. Pola súa banda, Lucía Regueiro, que interpreta a Dora, traballou con Teatro do Atlántico e na serie televisiva Libro de Familia, da TVG.

 

 15/11/2012: Visita ao parque eólico SOTAVENTO

 

Os alumnos de 1º e 2º curso do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións visitarán o xoves 15 de novembro o parque eólico Sotavento. A visita comenza ás 10:00 polo que a saída do centro é as 9:00 e durará toda a mañá.

 

 

 Sotavento Galicia, S.A. se constituye en 1997 como un Parque Eólico Experimental promovido por la Xunta de Galicia con el objetivo de crear un nuevo concepto de parque eólico. Coordina la iniciativa privada y la pública en un proyecto donde se representan las tecnologías eólicas implantadas en Galicia.

NOVEMBRO 2012: Charlas para a Prevención do Consumo de Drogas:

A o longo deste mes, comenzando o día 12, os nosos alumnos da ESO recibirán una serie de charlas para a prevención do consumo de drogas. Están organizadas pola asociación Abeiro e celebraranse nas horas de titoría de cada grupo. Para 1º e 2º da ESO serán 3 sesións, e para 3º e 4º da ESO unha única sesión.

Asociación Abeiro es una asociación de autoayuda fundada en el año 1992.

 
9/11/2012: FESTA DO SAMAÍN:

O venres 9 de novembro, no segundo recreo, ás 12:10h a ANPA do noso centro organiza a Festa de Samaín. Participa, haberá castañas, bebidas, etc.

 

 

 7/11/2012: SAÍDA AO RÍO SOMEDE:

 O mércores 7 de novembro, os alumnos de 3º ESO  e os de 1ºBAC farán una ruta polo río Somede, no noso concello.

 

 A excursión é unha actividade enmarcada dentro do "Proxecto Ríos" no que o noso instituto participa. 
Hora de saída: 9:30h. Hora de chegada: 14:00h.

Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Mediante a proposta de desenvolvemento por equipos interdisciplinares nos centros educativos galegos do proxecto “Adopta un río” preténdese desenvolver os valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente. A través de charlas e saídas formativas proporcionaranse as ferramentas básicas que garantan a participación activa e colaborativa do alumnado. Os centros de ensino poden traballar esta iniciativa dentro dos distintos departamentos (elaboración de roteiros, deseño de blogs, limpezas de ríos, elaboración de material multimedia etc.) e incluílo no seu proxecto educativo e na súa programación xeral anual.

6/11/2012: DIA DA CIENCIA EN GALEGO:

Con motivo do día da Ciencia en Galego, o departamento de Física e Química inscribiuse na videoconferencia "Facendo Física de Partículas polo mundo" do vindeiro 6 de novembro, de 12:30 a 13:30. A videoconferencia será, verdadeiramente "mundial", pois estaremos conectados con Xenebra, Santiago, Londres e Lisboa. Paticiparán os alumnos de 4º de ESO e os BAC de ciencias.

 

 

 

 

 30/10/2012: MARATON DE CINE:

 Comenzando o 30 de outubro ás 18h, e ata as 8:30 da maña do día seguinte celebraremos no Salón de Actos o segundo maratón de cine dos "Argalleiros e Argalleiras das Letras". Podes descargarte o programa completo das proxeccións pulsando aquí

   

 24/10/2012: SAÍDA AO RÍO BELELLE:

  

 O 24 de outubro, os nosos alumnos de 3º ESO fixeron una ruta polo río Belelle, entre Cabalar e Formarís, no concello de A Capela.

 

 

 A excursión é organizada polo departamento de Ciencias Sociais e o de Ciencias Naturais e o seu obxectivo e a análise xeográfica dun espacio natural e comprender sobre o terreno os elementos básicos do estudo xeográfico e da ordenación do territorio.

 Hora de saída: 9:30h. Hora de chegada: 14:00h.             

 11/10/2012  TEATRO : Memorias das memorias dun neno labrego.

 De Abrapalabra Creacións Escénicas.
Organiza: Concello de As Pontes
Día e hora: Xoves 11 de outubro - 12h.
                 Recollida do autobús ás 11:45
Duración: 75 min.
Lugar: Cine Alovi
Grupos: 2ºESO, 3ºESO   (42 alumnos)
Profesorado que acompaña: Rubén (Música) e Silvia (Ed.Física)

Descripción:

En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propria ou herdada.

Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral, na senda de Darío Fo, El Brujo, Pepe Rubianes...

Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións.


 28/09/2012: Conferencia "Debemos conocer también nuestros deberes" do xuíz Emilio Calatayud

 Os nosos alumnos de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos asistiron á conferencia de "Debemos conocer también nuestros deberes" a cargo do maxistrado-xuíz do Xulgado de menores número 1 de Granada, Emilio Calatayud.

 

 

Na súa disertación, o experto analizou o cambio do sistema de educación dende a etapa preconstitucional á postconstitucional, unha gran transformación xa que do proxenitor autoritario pasouse a aquel que pretende ser amigo e colega dos menores, un cambio moi radical ao pasar dun extremo ao outro, sendo preciso poñer un límite claro e razoable aplicando o principio de autoridade para que cada un cumpra as súas funcións. O maxistrado é coñecido polas súas peculiares resolucións xudiciais que deixan sentencias exemplares como que un delincuente informático imparta 1000 horas de clases de informática a estudantes, 100 horas de servizos comunitarios patrullando coa policía municipal por conducir sen permiso e de xeito temerario ou traballar co servizo de bombeiros por queimar contedores do lixo.

 Asemade, ás súas costas Emilio Calatayud conta cun impresionante currículum que inclúe diversas publicacións e conferencias por diferentes puntos do país.



page | by Dr. Radut