BENVIDO AO CASTRO DE BARONCELI, O CENTRO DE SECUNDARIA OBRIGATORIA DE REFERENCIA PARA OS CONCELLOS DE CASTRELO DO VAL, CUALEDRO, LAZA, MONTERREI, OÍMBRA, RIÓS, VERÍN E VILARDEVÓS..........COÑÉCENOS! 

 

V Romaría das Letras Galegas

19/05/2012 19:52
Europe/Madrid

O vindeiro luns 28 de maio terá lugar a Romaría das letras Galegas, que acada a súa quinta edición. Neste caso a personalidade homenaxeada será o escritor de Rabal (Oímbra) Antonio Fernández Pérez, a quen se lle adicará un aula. Coma sempre, desfrutaremos do festival literario, un xantar popular e xogos tradicionais.

Este é o programa de actividades:

12:45 Inauguración da aula Antonio Fernández Pérez (info sobre a súa biografía aquí ou aquí).

13:00 Festival literario.

14:00 Xantar popular.

15:00 Xogos tradicionais.

 

Marcos Calveiro visita o Baronceli

17/05/2012 00:56
Europe/Madrid

Este venres visita o Baronceli o escritor especializado en literatura xuvenil Marcos Calveiro. Unha oportunidade única para falar co autor de O escritor do sombreiro de malvas, novela que moitos alumnos xa tiveron a ocasión de ler.

Distribuir contido