BENVIDO AO CASTRO DE BARONCELI, O CENTRO DE SECUNDARIA OBRIGATORIA DE REFERENCIA PARA OS CONCELLOS DE CASTRELO DO VAL, CUALEDRO, LAZA, MONTERREI, OÍMBRA, RIÓS, VERÍN E VILARDEVÓS..........COÑÉCENOS! 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A FOLGA DO DÍA 23

As centrais sindicais do ensino convocan unha folga de profesorado para o día 23. Con esta convocatoria reinvindícase a necesidade de máis perosal nas aulas, máis recursos e unha baixada das ratios.

MENÚ COMEDOR ESCOLAR SETEMBRO 2020

18/09/2020 19:01
Europe/Madrid

A XUNTA ADÍA O INICIO DE CURSO UNHA SEMANA

O alumnado de 1º e 2º de ESO comezará  as clases o mércores día 23.
O alumnado de 3º de ESO, o xoves 24.
O alumnado de 4º de ESO, o venres 25.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Listaxe definitiva de admitidos

Xa está publicada a listaxe definitiva de libros concedidos a cada alumna/o.

Por protección de datos, non podemos facer pública a listaxe, pero teredes unha copia na entrada do IES.

Chamade ao centro para coñecer os resultados.

Podedes tamén consultar a aplicación FondoLibros

edu.xunta.es/fondolibros/

Por favor, non compredes ningún libro ata que realicemos o reparto no IES.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS ANTES DO COMEZO DO CURSO

Co fin de presentar o Plan de adaptación ao contexto COVID, manteremos reunións no Instituto cos pais/nais/titores/as de alumnado.

Para evitar aglomeracións, faremos tres reunións distintas, segundo os cursos.

Só pode acudir unha persoa por familia: nai, pai ou titor/a.

- Familiares do alumnado de 1º: martes, 8, ás 20 horas.

- Familiares de alumnado de 2º: mércores, 9, ás 20 horas.

- Familiares de 3º e 4º: xoves, 10, ás 20 horas.

LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2020/2021

En adxuntos incluímos o listado de libros para o curso 2020/2021. Non hai variacións respecto do curso anterior.

Distribuir contido