Actividades ENL
"Vilamor", no cine Gesma de Xinzo
Enviado por Anónimo o 23. Maio 2012 - 1:02Hoxe xoves o alumnado de 2º ciclo foi a Xinzo de Limia para ver no cine Gesma Vilamor, a película da que a semana pasada nos falaron no Baronceli o seu director Ignacio Vilar e os actores Rubén Riós e Xoel Yáñez.
Imaxes da V Romaría das Letras Galegas
Enviado por Anónimo o 23. Maio 2012 - 1:01
As imaxes da Romaría, no Facebook de LaGaZetaDeTerZero (hai que ter unha conta en Facebook).
V Romaría das Letras Galegas
Enviado por Anónimo o 19. Maio 2012 - 21:52O vindeiro luns 28 de maio terá lugar a Romaría das letras Galegas, que acada a súa quinta edición. Neste caso a personalidade homenaxeada será o escritor de Rabal (Oímbra) Antonio Fernández Pérez, a quen se lle adicará un aula. Coma sempre, desfrutaremos do festival literario, un xantar popular e xogos tradicionais.
Este é o programa de actividades:
12:45 Inauguración da aula Antonio Fernández Pérez (info sobre a súa biografía aquí ou aquí).
13:00 Festival literario.
14:00 Xantar popular.
15:00 Xogos tradicionais.
Cartel da V Romaría das Letras Galegas
Enviado por Anónimo o 14. Maio 2012 - 16:07Xa hai gañador do concurso de carteis para a V Romaría das Letras Galegas. Felicidades ós creadores, María, Elisa e Judith, de 3º A!
A caravana de "Vilamor" chega ó Baronceli
Enviado por Anónimo o 11. Maio 2012 - 15:11A caravana de Vilamor -a última película de Ignacio Vilar, con Rubén Riós de protagonista- chega o luns 14 ó Baronceli. A caravana chega nunha nova etapa da súa viaxe promocional por Galicia, e desenvolverá unha actividade especial no Instituto. Un bo aperitivo para a inminente Romaría das Letras Galegas. O cine-clube proxectará ese día dúas curtas de Rubén Riós: 'Adeus Edrada' e 'Coser e cantar'.