No seguinte vídeo recóllense algúns momentos da lectura de poemas no acto de celebración do Día Mundial da Poesía:
O 25 de marzo, dentro do acto de celebración do Día Mundial da Poesía, entregáronse os premios ás gañadoras do concurso Ilustrando a Castelao. Os nosos parabéns a Ainoa de 3º ESO-A e a Sara de 4º ESO-A.
Día da Poesía… Matemática
O Día Mundial da Poesía foi instituído pola UNESCO en 1999. Celébrase o 21 de marzo, coincidindo coa chegada da primavera, para impulsar o papel da poesía como expresión da capacidade creadora, da liberdade de pensamento, da conexión entre as culturas… que non hemos ver nunca como algo anticuado.
Xa que para este curso o lema das bibliotecas escolares galegas é
“Biblioteca escolar… matemático”
Dende a biblioteca queremos contribuír a facer visible o papel da muller cunha exposición no vestíbulo sobre a presenza de mulleres na ciencia –tamén cunha presentación na pantalla- (vaia o agradecemento a Pilar Ogando por ceder eses materiais), e unha representación do traballo de mulleres de distintos ámbitos na propia biblioteca.
Estes días nos que convivimos con Rosalía para recordar a data do seu nacemento, o 24 de febreiro de 1837, desde a biblioteca tamén queremos facela presente e por iso temos ben á vista a súa obra auroral para as nosas letras:
Hai Cantares gallegos pendurados por toda a biblioteca. Víchelos?
Tras a votación do alumnado e a deliberación do xurado correspondente, estes que vedes son os debuxos gañadores do concurso Ilustrando a Castelao en cada unha das dúas modalidades:
I) Ilustración do conto O retrato pertencente a Retrincos de Castelao.
O debuxo gañador é de Sara Cayetano Sío de 4º A.
II) Retrato de Castelao.
O próximo sábado día 14 de febreiro celébrase San Valentín, desde hai moito, DÍA DOS NAMORADOS. Se queres saber por que se celebra ese día... sigue lendo!
No vestíbulo están expostos os traballos participantes nos concursos "Retrato de Castelao" e "Ilustración do conto de Retrincos". Clica na imaxe para acceder á galería.
A proposta de grandes ilustradores de Galicia establécese o DÍA DA ILUSTRACIÓN en 2014 para promover esta área da cultura.
Os libros gostan da viaxe e da sorpresa, agardan nas baldas dos andeis, nos expositores, nas Caixas de Lectura e nas Mochilas Viaxeiras por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.