29 de setembro: Centenario de Buero Vallejo

      O día 29 de setembro cumpríronse cen anos do nacemento de Antonio Buero Vallejo, se cadra o máis importante dramaturgo español da posguerra do século XX. Por ese motivo sacamos ao vestíbulo do instituto algunhas das súas obras e amosamos algunha información relativa ó seu labor como dramaturgo, como académico da lingua,  como debuxante...

      O inesquecible autor de Historia de una escalera, El concierto de San Ovidio, El tragaluz... ou a tan solicitada na nosa biblioteca La fundación, protagonizou unha carreira literaria inzada de éxitos e premios desde o ano 1948 en que recibiu o Premio Lope de Vega, ao que seguiron o Premio Nacional de Teatro ou o Cervantes, entre outros, ata o seu falecemento no ano 2000, pouco despois da estrea da súa última obra, Misión al pueblo desierto.  

      Podes ampliar a información nestes textos: