Na Semana da Ciencia lemos "La evolución de Calpurnia Tate" de Jacqueline Kelly

     Neste mes de novembro celébrase o Mes da Ciencia nas Bibliotecas, e concretamente nestes días lévase a cabo a Semana da Ciencia. Con tal motivo pódese ver no vestíbulo unha pequena mostra de libros, ilustracións e obxectos relacionados coa física, a química, a bioloxía...

     Aproveitando que hoxe toca Hora de Ler, ofrecémosvos o inicio dun libriño ben xeitoso que fala  dunha rapaza -única muller entre sete irmáns- que, en contra do que era usual no seu tempo, amosa máis interese polas investigacións científicas do avó, a quen acompaña nas saídas de campo, que pola educación musical e doméstica que pretenden inculcarlle. Velaí vai o comezo da novela La evolución de Calpurnia Tate, en castelán.

     Se vos gusta, existe tradución ao galego, e tamén unha segunda entrega que se titula O curioso mundo de Calpurnia Tate.