Ramiro Fonte

LUNS, 22

 

Que mala sorte a dalgúns!

Saír da casa en pixama

Non concede boa fama.

Isto sucédelle ós luns.

 

Debería o calendario

Desarquivar ese día

Que nos dá melancolía,

Que é a costa dun calvario.

 

Penso dun xeito contrario:

Na roseira das xornadas,

Para encher de tempo a nada,

Todo día é necesario.

 

É cuestión filosofal:

O luns non fai ben nin mal.

[Ramiro Fonte, Xardín do pasatempo, 2008]