Skip to Content

Actividades

CLUB DE LECTURA

09/06/2022 08:30
09/06/2022 18:00

O alumnado participante no Club de Lectura 21-22 realiza unha visita a Ferrol e Mugardos o xoves 09-06-2022 de 08:30 a 18:00 horas.

A actividade está organizada polo Club de Lectura do IES Cabo Ortegal

4º ESO PROXECTO RÍOS

08/06/2022 10:30
08/06/2022 13:30

O alumnado de 4º ESO ten unha saída ao Río Mera o mércores 8-06-2022 de 10:30 a 13:30 horas.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal.

3º ESO TALLER QUÉROTE+

06/06/2022 11:30
06/06/2022 13:10

O alumnado de 3º ESO asiste a un taller impartido por Quérote+ o luns 06-06-2022 de 11:30 a 13:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

4ºESO RELEVO2 CHARLA TURISMO ACTIVO E DEPORTES NAÚTICOS

25/05/2022 09:20
25/05/2022 09:20

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre Turismo activo e deportes naúticos, impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o mércores 25-05-22 de 09:20 a 10:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

3ºESOA e 3ºPMAR ExpOtaku 2022

21/05/2022 09:00
21/05/2022 21:00

O alumnado de 3º ESO e 3º PMAR asiste ao evento de manga, anime, cosplay y gaming de Galicia en A Coruña o sábado 21-05-2022 de 09:00 a 21:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Lingua Castelá.

4ºESO CHARLA SOBRE CICLOS FORMATIVOS DE GRADO MEDIO

13/05/2022 08:20
13/05/2022 09:05

O alumnado de 4º ESO terá unha charla informativa sobre ciclos formativos impartidos no IES Punta Candieira o venres 13-05-2022 de 08:30 a 09:20 horas.

A actividade está programada polo departamento de Orientación.

TODO O CENTRO FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

13/05/2022 11:00
13/05/2022 14:00

O venres 13-05-2022 de 11:00 a 12:20 horas haberá diversas actuacións para celebrar o día das Letras Galegas:

1.- O grupo de cantareiras de 2ºBAC "Os Trasmallos" interpretan "Lughariño de Vilare", "San Cristán"  e "Cabaleiros".

2.- Marcos Diéguez Rey de 1º ESO A recita o poema "A fala" de Manuel María.

3.- O grupo de Cantareiras formado por Andrea Castro Cristina Bouza, Noa Yáñez, Eric Castro, Sabela Pérez, Sara Filgueira, Antía Gonçalves e Juan Barcón (de A Roda) interpretan "Alborada de Ourense" e "Danza do Oso".

4.- Un grupo de alumnos de 1º a 4º da ESO interpretan unha coreografía sobre o tema "Terra" de Tanxugueiras.

5.- O grupo de cantareiras de 2ºBAC "Os Trasmallos" interpretan "Eu cantar" e "As tres de sempre".

6.- LUKS e VALI improvisan un tema de Rap.

 

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca,  Dinamización da Lingua Galega e Música.

1º BAC e CICLO VISITA AO CESGA

12/05/2022 08:30
12/05/2022 19:00

O alumnado de 1º de BAC e Ciclo realiza unha saída didáctica a Santiago de Compostela na que visitan o Centro de Supercomputación de Galicia o xoves 12-05-2022  08:30 a 19:00 horas.

3º, 4º ESO e 1º BAC CONCERTO

11/05/2022 11:30
11/05/2022 14:00

O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º de BAC teñen un concerto no Auditorio Municipal o mércores 11-05-2022 de 11:30 a 14:00 horas

A actividade está organizada polo departamento de Biblioteca en colaboración co Concello de Cariño

 

2º e 3º ESO ENCORO DAS FORCADAS

09/05/2022 08:30
09/05/2022 14:00

O luns 09 de maio de 2022 de 8:30 a 17:30 horas o alumnado de 2º E 3º de ESO realiza unha actividade no encoro das Forcadas, dentro da campaña Xogando na Auga na que se promocionan os deportes náuticos.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física.

 

1º ESO A e B VISITA A SAN CIBRAO

03/05/2022 00:30
03/05/2022 18:00

O alumnado de 1º ESO A e B realiza unha visita ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao e farán un Roteiro Intermareal o martes 03-05-2022 de 08:30 a 17:30 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía.

1ºBAC RUTA PRAIA AREAS NEGRAS

29/04/2022 08:30
29/04/2022 14:00

O venres 29 de maio de 08:30 a 14:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta á Praia de Areas Negras de Teixidelo.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do instituto.

                    

3º, 4º ESO e 1º BAC CONCERTO

28/04/2022 12:00
28/04/2022 14:00

O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º de BAC teñen un concierto no Auditorio Municipal o xoves 28-04-2022 de 12:00 a 14:00 horas

A actividade está organizada polo departamento de Biblioteca en colaboración co Concello de Cariño

2ºESO CHARLA DO CPEIG

27/04/2022 11:30
27/04/2022 12:20

O alumnado de 2º ESO ten unha charla sobre o Uso responsable das novas tecnoloxías o mércores 27-04-2022 de 11:30 a 12:20 horas.

Está impartida por un membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia dentro do plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

3º ESO CHARLA CO ESCRITOR ANTONIO M. FRAGA

25/04/2022 09:00
25/04/2022 09:50

O alumnado de 3º ESO recibe ao escritor Antonio M. Fraga o luns 25-04-2022 de 09:00 a 09:50 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca, EDLG e Lingua Galega.

 

 

4ºESO VIAXE FIN DE ETAPA

19/04/2022 09:00

O alumnado de 4º de ESO realiza a viaxe de fin de etapa a Portugal dende o martes 19 ao venres de abril de 2022.

3º ESO CHARLA DA USC

04/04/2022 11:30
04/04/2022 12:20

O alumnado de 3º ESO ten unha charla da USC sobre A Idade Media e o cómic o luns 04-04-2022 de 11:30 a 12:20 horas.

A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

 

4ºESO CANCELADA RELEVO2 CHARLA RECURSOS TURÍSTICOS

20/04/2022 09:20
20/04/2022 10:10

 

CANCELADA POLA VIAXE DE FIN DE ETAPA DO ALUMNADO DE 4ºESO

 

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre Recursos turísticos vinculados ao sector do mar, patrimonio natural e cultural, impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o mércores 20-04-22 de 09:20 a 10:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

4ºESO CHARLA VERDADES E TROLAS SOBRE AS VACINAS E A COVID

29/03/2022 08:30
29/03/2022 17:00

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre VERDADES E TROLAS SOBRE AS VACINAS E A COVID, impartida polo profesor Dr. Federico Martinón-Torres no Pazo de Cultura de Narón o martes 29-03-22 de 08:30 a 17:00 horas (por confirmar).

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal.

  

TODOS CINE VERSIÓN ORIXINAL

28/03/2022 08:30
28/03/2022 17:00

Todo o alumnado do centro verá no cine Dúplex de Ferrol a película Délicieux en versión orixinal en francés o luns 28-03-2022.

A actividade será 08:30 a 17:00 horas e está organizada polos departamentos de Francés e Inglés.

4ºESO RELEVO2 CHARLA COMERCIALIZACÓN E TRANSFORMACIÓN

25/03/2022 09:20
25/03/2022 10:10

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre Produtos da pesca. Saídas profesionais. Posta en valor, selos e marcas de calidade, organizada polo departamento de Orientación e impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o venres 25-03-22 de 09:20 a 10:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

3ºESOA CHARLA EDUREFERENTES

25/03/2022 11:30
25/03/2022 12:20

O alumnado de 3º ESO A participa o venres 25-03-2022 de 11:30 a 12:20 nunha sesión do programa educativo EduReferentes. Nesta sesión o alumnado terá a oportunidade de traballar diferentes habilidades sociais e de comunicación coa axuda de profesionais.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

1º ESO A e B RECITAL DE POESÍA POLAS RÚAS DE CARIÑO

21/03/2022 11:30
21/03/2022 14:00

Para conmemorar o Día da Poesía o alumnado de 1º de ESO A e B realiza un recital de poesía polas rúas de Cariño o luns 21 de marzo de 11:30 a 13:45 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e EDLG.

1ºESOA REGUEIFAS

21/03/2022 16:00
21/03/2022 17:00

O alumnado de 1º ESO A asiste a un obradoiro de regueifas en liña, impartida por Alba María, o luns 21-03-2022 de 16:00 a 17:00 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

1ºESOB REGUEIFAS

14/03/2022 16:00
14/03/2022 17:00

O alumnado de 1º ESO B asiste a un obradoiro de regueifas en liña, impartida por Alba María, o luns 14-03-2022 de 16:00 a 17:00 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

1º e 2º BAC Visita á USC e á Catedral

03/03/2022 08:00
03/03/2022 21:00

O alumnado de 1º e 2º de BAC realiza un recorrido guiado pola Universidade de Santiago de Compostela, visita o Pórtico da Gloria e recorre, con guía, as Cubertas da Catedral o xoves 3-3-2022 de 08:00 a 21:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

1º e 2º ESO CHARLA BURLINGTON

31/03/2022 11:30
31/03/2022 13:10

O alumnado de 1º e 2º da ESO acude ao Auditorio Municipal o xoves 31-03-2022 de 11:30 a 13:10 para participar nunha charla sobre Aspectos culturais de paises de fala inglesa impartida por un representante da Editorial Burlington.

A actividade está organizada polo departamento de Lingua Inglesa.

1º ESO A e B CONCURSO DE DISFRACES

25/02/2022 11:30
25/02/2022 12:20

O alumnado de 1º da ESO A e B participa no concurso de disfraces que terá lugar o venres 25-02-2022 de 11:30 a 12:20 horas. Ao seu remate subirán ás súas clases correspondentes.

A actividade está organizada polo IES Cabo Ortegal e conta coa colaboración da ANPA.

1º e 2º BAC de Música

25/02/2022 08:30
25/02/2022 22:30

O alumnado de 1º e 2º BAC que cursa Música realiza unha visita á Domus e ao Aquarium de A Coruña e asiste á representación do musical de Ghost o venres 25 de febreiro 08:30 a 22:30 horas.

1º ESO A e B ACTIVIDADE NA PISCINA

24/02/2022 11:30
24/02/2022 14:00

O alumnado de 1º A e B realiza unha actividade na piscina municipal o xoves 24 de febreiro de 2022 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

Distribuir contido


by Dr. Radut