Skip to Content

Actividades

4ºESO VIAXE FIN DE ETAPA A MALTA

10/04/2023 00:00
10/04/2023 23:59

Parte do alumnado de 4º ESO realiza a súa viaxe de fin de etapa a Malta do 10 ao 17  de abril de 2023.

A actividade está organizada polo IES Cabo Ortegal.

 

3ºESO A ENCONTRO COA ESCRITORA EVA MEJUTO

24/05/2023 13:00
24/05/2023 14:00

O mércores 24-05-23 de 13:00 a 14:00 horas a escritora Eva Mejuto, autora de A ladroa da biblioteca de Meirás, visita o noso centro para presentar á súa obra diante do alumnado de 3º A.

 

A actividade está organizada polo departamentode Lingua Galega e o equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal.

4º de CCAP SAÍDA DIDÁCTICA Á PRAIA DA BASTEIRA

21/03/2023 10:10
21/03/2023 11:00

O alumnado que cursa a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional realiza varias saídas didácticas á praia da Basteira os días 16, 20, 21 e 23 de marzo de 10:10 a 11:00 horas. As datas poden cambiar por mor da climatoloxía.

A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía, o Club de Ciencias, o Proxecto Erasmus+, o Proxecto Ríos e o Programa Polos Creativos

4º de CCAP SAÍDA DIDÁCTICA Á PRAIA DA BASTEIRA

16/03/2023 10:10
16/03/2023 11:00

O alumnado que cursa a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional realiza varias saídas didácticas á praia da Basteira os días 16, 20, 21 e 23 de marzo de 10:10 a 11:00 horas. As datas poden cambiar por mor da climatoloxía.

 A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía, o Club de Ciencias, o Proxecto Erasmus+, o Proxecto Ríos e o Programa Polos Creativos

SAÍDA DO ALUMNADO PARTICIPANTE NO ERASMUS+ AO XEOPARQUE DO COUREL

24/03/2023 10:30
24/03/2023 10:30

O alumnado de Bacharelato que participa no ERASMUS+ realiza unha viaxe ao Xeoparque do Courel e a Ourense do venres 24 ao domingo 26 de abril de 2023.

A actividade está organizada polo equipo ERASMUS+ do IES Cabo Ortegal.

     

     

     

                         

4º ESO, 1º BAC e CICLO CHARLA EN NARÓN

09/03/2023 10:30
09/03/2023 16:00

O alumnado de 4º ESO, 1º BAC e CICLO asiste a unha charla sobre "A nosa pegada dixital en Internet: canto saben de nós e para que o usan" no Pazo da Cultura de Narón o xoves 9-3-23 de 8:30 a 16:00 horas. Despois da charla, faise un tramo da Ruta dos Muiños de Xuvia.

A relatora é  Susana Ladra, enxeñeira e doutora en Informática pola UDC, graduada en Matemáticas (UNED), Directora do Campus Innova da UDC, profesora Titular, investigadora do CITIC e Vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Obtivo premios como MSCA 2018 Award ou Premio Ada Byron Nova pola Universidade de Deusto.

A actividade está organizada polos departamentos de Informática, Matemáticas e Tecnoloxía do IES Cabo Ortegal.

     

     

2º E 3º ESO OBRADOIRO: XESTIÓN SEGURA DAS REDES SOCIAIS

07/03/2023 11:30
07/03/2023 13:10

O alumnado de 2º e 3º ESO participa nun obradoiro eminentemente práctico sobre Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais o martes 7-3-23 de 11:30 a 13:10 horas.

É un programa que convoca a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores.

A actividade está organizada polo departamento de Informática.

4 ºESO, 1º e 2º BAC ALUMNADO FILOSOFÍA E LATÍN

07/03/2023 08:30
07/03/2023 20:00

O alumnado que cursa as materias de Filosofía e Latín acuden a Lugo o martes 7-3-23 de 08:30 a 20:00 horas. Pola mañá visita ao  museo MIHL, percorrido pola muralla romana, visualización do Julio César do grafitero Diego As, visita á catedral. E, pola tarde, asiste no Auditorio Municipal Gustavo Freire á representación da obra El Persa de Plauto interpretada polo Grupo El Ruiseñor de Culleredo

A actividade está organizada polos departamentos de Filosofía e Latín

3ºESO A/Ades TALLER QUÉROTE+

23/05/2023 10:10
23/05/2023 12:20

O alumnado de 3º ESO asiste a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote+ o martes 23-05-2023 de 10:10 a 12:20 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

3°ESO TALLER CIUDAD CIENCIA

20/03/2023 16:00
20/03/2023 17:40

O alumnado de 3° ESO A e B realiza o taller "Meteolab" o luns 20-03-23 de 16:00 a 17:40 horas impartido polo Instituto de Xeociencias e a Facultade de Físicas da Universidade Complutense de Madrid.

O taller está incluído no proyexto Ciudad Ciencia impulsado polo CSIC co apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación.

A actividade está organizada polos compoñentes do Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal e o Concello de Cariño.

     

                                     

VISITA DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA DO CEIP JOSÉ MARÍA LAGE DE ORTIGUEIRA

27/03/2023 11:30
27/03/2023 14:00

O alumnado de 1º e 2º BAC que participa no programa Erasmus+ continúa coa súa divulgación da riqueza xeolóxica da contorna efectuando unha saída o luns 27-03-23 de 11:30 a 14:30 horas pola Capelada xunto co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP José María Lage de Ortigueira.

A actividade está organizada polo equipo Erasmus+ "Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal" e o Club de Ciencias do noso centro.

      

      

      

4ºESO TALLER ASFEDRO

16/02/2023 09:20
16/02/2023 11:00

O alumnado de 4º ESO realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Prevención do xogo patolóxico" o xoves 16-02-23 de 09:20 a 11:00 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

4ºESO e 1º E 2º BAC IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

15/02/2023 08:30
15/02/2023 14:30

O alumnado de 4º ESO e 1º e 2º BAC participan no Auditorio de Ferrol nas IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrol o 15-02-2023 de 8:30 a 14:30 horas (todavía por determinar).

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

4º ESO, 1º e 2º BAC CHARLA CONMEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

10/02/2023 11:30

O alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º BAC teñen unha charla-coloquio o venres 10-02-23 de 11:30 a 13:10 horas na Biblioteca do Instituto.

A actividade serve para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro) e contará coa participación das exalumnas Eva, Laura e Miriam.

A actividade está organizada polos equipos de Biblioteca e do Club de Ciencias do IES Cabo Orteg

1º e 2º BAC CHARLA USC E ABAU

03/02/2023 12:00
03/02/2023 14:00

O alumnado de 1º e 2º de BAC ten unha charla sobre a USC e ás ABAU o venres 3-02-23 de 12:00 a 14:00 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

PROXECTO EMBAIXADORES XEOPARQUE ORTEGAL

02/02/2023 11:30

O alumnado que participa no programa Erasmus+ realiza unha saída o mércores 02-02-2023 de 11:30 a 14:30 horas pola Capelada xunto co CPI Castro Baxoi de Miño e o CPI Virxe da Cela de Monfero. Será a súa estrea como divulgadores da riqueza xeolóxica da contorna.

A actividade está organizada polo equipo Erasmus+ "Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal" e o Club de Ciencia do noso centro.

  

 

   

2º ESO TALLER ASFEDRO

08/02/2023 11:30
08/02/2023 13:10

O alumnado de 2º ESO realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Habilidades sociais" o mércores 08-02-23 de 11:30 a 13:10 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

ENSAIO FESTIVAL NADAL

21/12/2022 11:30
21/12/2022 13:30

O alumnado participante no festival de Nadal vai a realizar un ensaio o mércores 21-12-22 de 11:30 a 13:30 horas. Na sala de profesores poñerase un listado para consultar.

A actividade está organizada polo departamento de Música.

1ºESO A CHARLA PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

29/11/2022 13:10
29/11/2022 14:00

O alumnado de 1º ESO ten unha charla sobre Ciberbulling e as consecuencias do Acoso Escolar a través das Redes Sociais e en especias a través de WhatsApp, impartida por membros da Garda Civil, o martes 29-11-22 de 13:10 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

1º BAC CHARLA CON FRAN CANOSA

25/11/2022 12:00
25/11/2022 13:10

O alumnado de 1º BAC ten unha charca por videoconferencia co xeólogo Fran Canosa o venres 25 de 12:00 a 13:10 horas.

A actividade está organizada polos equipos de Biblioteca Escolar e de Dinamización da Lingua Galega e os membros do Club de Ciencias, do Proxecto Erasmus+ "Embaixadores xeoparque Cabo Ortegal" e do Proxecto Ríos

CICLO CHARLA ORTEGAL UP

23/11/2022 16:30
23/11/2022 18:30

O alumnado do Ciclo ten unha charla sobre Motivación Emprendedora o mércores 23-11-22 de 16:30 a 18:30 horas.

 

A actividade está organizada polo IES Cabo Ortegal en colaboración coa Asociación Ortegal UP de Cariño.

4ºESO CHARLA PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

23/11/2022 10:10
23/11/2022 11:00

O alumnado de 4º ESO ten unha charla sobre Drogas e Alcohol, impartida por membros da Garda Civil, o mércores 23-11-22 de 10:10 a 11:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

2ºESO A CHARLA PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

22/11/2022 13:10
22/11/2022 14:00

O alumnado de 2º ESO ten unha charla sobre Violencia de Xénero, impartida por membros da Garda Civil, o martes 22-11-22 de 13:10 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

3ºESO PDC CHARLA PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

22/11/2022 12:20
22/11/2022 13:10

O alumnado de 3º PDC ten unha charla sobre Ciberseguridade, impartida por membros da Garda Civil, o martes 22-11-22 de 12:20 a 13:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

3ºESO A CHARLA PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

21/11/2022 16:00
21/11/2022 16:50

O alumnado de 3º ESO ten unha charla sobre Ciberseguridade, impartida por membros da Garda Civil, o luns 21-11-22 de 16:00 a 16:50 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

1º ESO SESIÓN NA PISCINA

09/02/2023 08:30
09/02/2023 11:00

O alumnado de 1º ESO realiza unha actividade na piscina municipal o xoves 09 de febrero de 2023 de 08:30 a 11:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

1º ESO SESIÓN NA PISCINA

07/02/2023 11:30
07/02/2023 14:00

O alumnado de 1º ESO realiza unha actividade na piscina municipal o martes 07 de febrero de 2023 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

2º ESO SESIÓN NA PISCINA

09/02/2023 11:30
09/02/2023 14:00

O alumnado de 2º ESO realiza unha actividade na piscina municipal o xoves 09 de febrero de 2023 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

TODOS MAGOSTO 22

14/11/2022 16:00
14/11/2022 17:40

O luns 14-11-22 de 16:00 a 17:40 horas todo o centro participará na degustación de castañas asadas. Se a meteoroloxía o permite poderase participar en xogos tradicionais. 

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Educación Física.

 

2º ESO PARTICIPACIÓN NA DIGITALWEEK

06/11/2022 08:30
12/11/2022 15:00

O alumnado de 2º de ESO acude ao Complexo Xuvenil As Mariñas - Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo, A Coruña) para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa Digitalweek dende o 6 ao 12 de novembro de 2022.

A actividade está organizada polo departamento de Inglés e Tecnoloxía.

           

           

           

                                       

Distribuir contido


by Dr. Radut