Eventos
Ven | ||
---|---|---|
O alumnado de 2º de ESO acude ao Complexo Xuvenil As Mariñas - Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo, A Coruña) para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa Digitalweek dende o 6 ao 12 de novembro de 2022. A actividade está organizada polo departamento de Inglés e Tecnoloxía.
Start: 11/11/2022 08:30
End: 11/11/2022 20:30
O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC visita Santiago de Compostela o venres 11-11-22, de 08:30 a 20:00 horas, para asistir á representación no Auditorio de Galicia da obra de teatro N.E.V.E.R.M.O.R.E., da compañía Chévere, centrada na catástrofe do Prestige. Pola tarde, o alumnado realizará unha visita por algúns dos lugares máis coñecidos da zona vella compostelá, guiados polo profesorado acompañante. A actividade está organizada conxuntamente polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca Escolar do IES Cabo Ortegal.
|