Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2023/2024
FASE DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN
O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar presencialmente ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde.
Este formulario será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Adxuntámolo tamén nesta entrada.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da antedita aplicación.
Lembramos que os nosos centros adscritos son A Solaina, Virxe do Mar, Ayala e CPI O Feal.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo I_ED550A.pdf | 1.23 MB |