Skip to Content

PREMATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

PREMATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

 

Estimadas familias:

 

Dadas as circunstancias actuais derivadas pola COVID-19 a Dirección do centro elaborou unha serie de formularios para facilitar a prematrícula dos nosos alumnos de cara a unha planificación do vindeiro curso escolar, e aínda que non é vinculante para a matrícula, si é necesaria para que o Centro dispoña de datos para a organización da oferta educativa do curso 20-21. Por iso lles pedimos encarecidamente que a resposta a estes cuestionarios sexa moi meditada pola familia e o alumno.

 

A prematrícula consta de dúas partes:

  • Datos do alumno

  • Selección de itinerarios e materias

 

Estas prematrículas son para os niveis de 3º, 4º ESO e 1º, 2º BACHARELATO e están dispoñibles no correo do alumno @telleiras.org (só será posible acceder a eles desde a conta do voso fillo/a) e deben ser enviadas de xeito telemático antes do 9 de xuño. O formulario acompáñase dunha mensaxe coas instrucións precisas para poder cubrilo. Se todos os apartados foron rexistrados correctamente, aparecerá unha mensaxe de confirmación no correo de telleiras.org do alumno cun resumo das materias elixidas.

 

Por se é de axuda, na páxina Web do instituto IES AS TELLEIRAS, no apartado Oferta Educativa, dispoñen de documentos nos que poden consultar todo o necesario para a correcta cumprimentación da presente prematrícula. Ditos documentos son:

 

  • Caderno ESO. Este caderno recolle toda a información relevante sobre a etapa académica da ESO.

  • Itinerarios e contidos ESO. Este documento recolle a oferta educativa do centro e a explicación dos contidos de aquelas materias incluídas nesta oferta.

  • Caderno Orientación académica Bacharelato. Este caderno recolle toda a información relevante sobre a etapa académica de Bacharelato.

  • Itinerarios e contidos Bacharelato. Este documento recolle a oferta educativa do centro e a explicación dos contidos de aquelas materias incluídas nesta oferta.

 

Así mesmo, o departamento de Orientación pon a disposición do alumnado e as familias o seguinte enlace:

https://elorienta.com/telleiras/

En caso en que teñan algunha dúbida referida ao formulario ou á orientación académica do seu fillo, poden chamar ao teléfono do instituto de luns a venres de 10:00 h a 13:00 h:

Teléfono: 881930350

 

Grazas pola vosa colaboración.

O Equipo Directivo de IES As Telleiras



blog | by Dr. Radut