Skip to Content

Campamento científico da USC: Campus de Verán XuvenCiencia

 

Convocado o VII Campus de Verán XuvenCiencia, campamento científico da USC que terá lugar do 1 ao 5 de xullo e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato co obxectivo de poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria.

  • O prazo de preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 3 de maio ata o 12 de maio.
  • O custe da matrícula é 160 €.

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas de tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

 

Máis información na páxina web https://xuvenciencia.org/campus/gl/

 

Pode descargar o folleto informativo clickando aquí

 



page | by Dr. Radut