Skip to Content

Actividades de formación en linguas estranxeiras: Listaxes definitivas

Na páxina http://www.edu.xunta.es/axudasle pódense consultar as listaxes definitivas de seleccionados/as e suplentes, ordenados por puntuación, correspondentes ao disposto no 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 (DOG do 20/02/2019)

Pode consultar as listaxes clickando no curso correspondente:

ESO 1      ESO 2      ESO 3      ESO 4

BAC 1      BAC 2

Ábrese un prazo de 5 días naturais para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario a seguinte documentación:

1. Aceptación ou renuncia á axuda (Aneso III da Orde da convocatoria).

2. Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria indicado no menú "3. Estado da solicitude" da páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).

  • Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior.
  • A non xustificación do ingreso da cantidade indicada dentro do prazo implica a renuncia á praza adxudicada.

 

 

 

 

    



page | by Dr. Radut