Skip to Content

Premios extraordinarios de Bacharelato

Destinatarios: alumnado que rematase os seus estudos de Bacharelato nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e obtivese unha cualificación media de Baharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

O alumnado que obteña un Premio Extraordinario de Bacharelato:

  • Recibirá un premio en metálico de 1000 €.
  • Exención de pago de matrícula no primeiro curso da Universidade.
  • Optará aos Premios Nacionais de Bacharelato.

Prazo de presentación de solicitudes: do 2 de maio de 2018 ao 1 de xuño de 2018 (ambos os dous incluídos).

As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes.
As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (os rexistros dos centros docentes non se consideran incluídos dentro de ditas dependencias).
Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Data de celebración da proba: Venres 22 de xuño de 2018

Horario:

  • 9.30 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.
  • 10.15 a 12.15 horas, primeira parte da proba.
  • 12.45 a 13.45 horas, segunda parte da proba.

Lugar de celebración da proba na Provincia da Coruña: Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso. Rúa Someso, nº 6, A Coruña.

Máis información na páxina da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. URL:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1541

e na RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar eavaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelatocorrespondentes ao curso 2017/18, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes. DOG do 30 de abril de 2018

Na seguinte URL podes atopar modelos de probas de convocatorias anteriores:  https://www.edu.xunta.es/premiosbac/



page | by Dr. Radut