Skip to Content

Viaxe a Varsovia

A directora, Irene Mira, e o responsable das TICs, Jesús García, viaxaron esta semana a Varsovia xunto con representantes do CFR Ferrol (coordinador do proxecto) e dos outros tres institutos da comarca que participan no Erasmos + KA2.

Aquí tiveron a oportunidade de visitar diferentes centros educativos e de intercambiar novas experiencias como xa se fixera en novembro en Gales.

En xuño tocaranos a nós de exercer de anfitrións.

 

 



page | by Dr. Radut