Skip to Content

Campionato Lego

O equipo Tellebot, formado por alumnado de 4º de ESO e patrocinado polo Concello de Narón, participa xunto con outros centros da comarca neste campionato organizado pola UDC; a final terá lugar o sábado no Campus e para ela levan preparándose hai uns meses como un grande reto.

O traballo consiste na confección dun robot e na presentación dun proxecto científico. Ademáis son valores fundamentais para a competición: o traballo en equipo, a inclusión e o estilo.

Na imaxe, os integrantes do equipo coa profesora de tecnoloxía e o de bioloxía que coordinan o proxecto:

Outra foto de parte do equipo nunha das sesións de traballo:

¡Animo rapaces e moita sorte!

Para máis información consultade aquí.



page | by Dr. Radut