VOLTA Á ACTIVIDADE PRESENCIAL VOLUNTARIA
2º DE BACHARELATO
O vindeiro luns 25 de maio retomarase a actividade presencial voluntaria só para o alumnado de 2º de bacharelato.
O centro tomou todas as medidas de prevención, hixiene e limpeza determinadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Educación.
A Dirección organizou un horario para garantir a seguridade sanitaria. Este horario será diferente ao habitual, escalonando entradas e saídas e mantendo a distancia de 2 metros dentro da aula. Poderá cambiar en función das circunstancias sanitarias.
No caso de que o alumnado asista ao centro, deberá manter a distancia de seguridade e usar a máscara nos espazos comúns. Ao alumnado que non a traia da casa facilitarase unha no centro.
Tamén deberá lavar as mans con xel hidroalcólico á entrada da clase.
Lembren que se algún alumno/a amosa síntomas de enfermidade non debe acudir ao centro.
A asistencia é voluntaria e non influirá nin positiva nin negativamente na cualificación final, que se determinará seguindo os criterios publicados nas adaptacións das programacións.
Adxúntanse o protocolo de asistencia ao centro e o protocolo de aula.
A Dirección