O equipo Tellebot, formado por alumnado de 4º de ESO e patrocinado polo Concello de Narón, participa xunto con outros centros da comarca neste campionato organizado pola UDC; a final terá lugar o sábado no Campus e para ela levan preparándose hai uns meses como un grande reto.
O traballo consiste na confección dun robot e na presentación dun proxecto científico. Ademáis son valores fundamentais para a competición: o traballo en equipo, a inclusión e o estilo.
Na imaxe, os integrantes do equipo coa profesora de tecnoloxía e o de bioloxía que coordinan o proxecto:
![](/centros/iesastelleiras/?q=system/files/u8/IMG-20150228-WA0000.jpg)
Outra foto de parte do equipo nunha das sesións de traballo:
![](/centros/iesastelleiras/?q=system/files/u8/20150227_101550._0.jpg)
¡Animo rapaces e moita sorte!
Para máis información consultade aquí.