Skip to Content

Campamentos deportivos de verán 2019

 

A Deputación da Coruña vén de convocar os campamentos deportivos de verán 2019 dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 14 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, e empadroados nun concello da provincia da Coruña.

As quendas de cada concello figuran no tríptico informativo.

A quenda de Narón é a segunda dende o 07 de xullo ata o 12 de xullo.

Inscricións: no concello no que o/a rapaz/a estéa empadroado/a

Prazo limite: antes do 31 de maio de 2019.

Para descargar o tríptico informativo clique aquí

  

 

 

Campamento científico da USC: Campus de Verán XuvenCiencia

 

Convocado o VII Campus de Verán XuvenCiencia, campamento científico da USC que terá lugar do 1 ao 5 de xullo e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato co obxectivo de poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria.

  • O prazo de preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 3 de maio ata o 12 de maio.
  • O custe da matrícula é 160 €.

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas de tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

 

Máis información na páxina web https://xuvenciencia.org/campus/gl/

 

Pode descargar o folleto informativo clickando aquí

 

Plan de convivencia

O Plan de Convivencia do centro foi sometido a revisión por parte da Comisión de Convivencia, co que queda definitivamente actualizado.

Darase información máis precisa no claustro e no Consello Escolar, pero xa está publicado no apartado Documentación, polo que pode ser consultado por toda a comunidade educativa. 

Para facilitar o acceso, ofrecemos un enlace ao mesmo.

Aula de convivencia

No apartado O centro > Documentación recóllese o protocolo de actuación ante o alumnado derivado á aula de convivencia onde se especifican as funcións que lles corresponden a todos/as os/as responsables. Podedes acceder a el tamén premendo neste enlace.

Benvida

Neste enlace podedes ver un vídeo que recolle máis imaxes do centro e informacións de interese, sobre todo para as familias.           

PROTOCOLO ABSENTISMO ESCOLAR

O 31 DE XANEIRO A CONSELLERIA DE EDUCACIÓN PUBLICOU UN PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR. SE DESEXA MÁIS INFORMACIÓN PÓDESE CONSULTAR A SEGUINTE PRESENTACIÓN:

Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar

Distribuir contido


by Dr. Radut