Skip to Content

Apertura da Biblioteca


Apertura da Bibliotelleiras

Con esta viñeta, homenaxe ao xenial humorista gráfico

queremos dar a todos e todas a venvida á biblioteca.

 

Desde o luns 5 de outubro abrimos a nosa porta para atender o servizo de préstamo e devolución de libros todos os días nos tempos de lecer.

O equipo da Bibliotelleiras está encantado de estar de novo con tod@s vós.

E xa sabedes, Sentidiño e respecto das normas para facer entre tod@s fronte ao coronavirus.

 

O Equipo da Bibliotelleiras

EDIXGAL

edixgal

Convócase ás/aos nais/pais/titores legais do alumnado de 1º da ESO a unha reunión informativa o próximo martes 6 de outubro ás 18:10 horas no Salón de actos do centro para informar do computador Edixgal e facer entrega do mesmo.

IMPORTANTE:

. Só poderá asistir un só proxenitor do alumno/a.

. Deberá ocupar un asento marcado de cor vermella para manter as medidas de seguridade.

. Deberá traer un bolígrafo para asinar os documentos.

 

 

A Dirección

Anuncio biblioteca


Aviso sobre o servizo de préstamo e devolución de libros

Co fin de acondicionar axeitadamente a biblioteca ao protocolo COVID-19 permaneceremos pechados ata novo aviso.

En breve abriremos par poder atender o servizo de préstamo e devolución de libros.

 

 

 
POR UNHA BIBLIOTECA SEGURA E LIBRE DE CORONAVIRUS!

O equipo da Bibliotelleiras

Documentación Protocolo COVID 2020-2021


Documentación relacionada co
Protocolo COVID 2020-2021

 

- Horarios espello dos grupos de alumnado

 

Todos estes documentos, de acordo coas directrices das autoridades educativas e sanitarias, están en continua revisión, dadas as circunstancias cambiantes que se derivan da pandemia de COVID-19.

 

Publícase así mesmo o Programa de acollida do centro para o curso 2020-2021.

 

 

A Dirección

Aviso importante sobre o inicio de curso 2020-2021


Aviso importante

Inicio de curso 2020-2021


 

Estimadas familias:

 

Por cuestións organizativas e coa fin de garantir que todo o alumnado e o profesorado de nova incorporación coñezan axeitadamente as normas e medidas de seguridade e hixiene antes de comezar as clases, anunciamos que o primeiro día con horario habitual será o vindeiro luns 28 de setembro. Os días 23, 24 e 25 de setembro manteranse as presentacións de cada curso e grupo segundo o horario xa anunciado.

 

Un saúdo,

 

A Dirección

Normas e medidas de seguridade e hixiene -- COVID-19


Normas e medidas de seguridade e hixiene contra a COVID-19


 

Estimadas familias:

 

Achegámosvos unha presentación (enlace) das normas e medidas de seguridade e hixiene que se adoptarán no centro este curso que vén, de acordo co establecido no protocolo COVID, que se publicará en breve.

 

Un saúdo,

 

A Dirección

Guía COVID para as familias


Guía COVID para as familias

 2020-2021


 

Estimadas familias:

 

Ante o comezo do curso, facilitámosvos unha guía na que se recollen as principais recomendacións, normas e medidas que se adoptarán no centro, así como información sobre o funcionamento do mesmo.

Atendemos dúbidas no correo electrónico do centro (ies.telleiras@edu.xunta.es).

 

A Dirección

Enquisa clínico-epidemiolóxica COVID


Autoenquisa clínico-epidemiolóxica

2020-2021


 

Estimadas familias:

Mediante a declaración responsable que é imprescindible que asinedes, comprometédesvos a realizar aos vosos fillos/as, cada día e antes de chegar ao centro, unha enquisa clínico-epidemiolóxica de síntomas compatibles coa COVID-19.

 

No enlace seguinte atoparedes dita enquisa: ENLACE.

 

Un saúdo,

 

A Dirección

Horario acollida alumnado 2020-2021

 


HORARIO ACOLLIDA ALUMNADO

2020-2021


 

Estimadas familias:

Para evitar aglomeracións e confusións propias da primeira xornada, a Consellería de Educación decidiu secuenciar o inicio de curso en tres días.

No seguinte cadro aclaramos os días e horas de inicio de curso (presentacións). No vestíbulo do edificio de ESO estarán expostas, dende o venres 18 de setembro, as listaxes de alumnado por curso e grupo, que se deberán consultar con antelación.

Data de inicio

Cursos

Grupo

Hora de entrada

Zona de recepción

23/09/2020

1º ESO

A

09:30 h

Porta principal

(Edificio ESO)

B

10:00 h

C

10:30 h

2º ESO

A

11:00 h

Porta principal

(Edificio ESO)

B

11:30 h

C

12:00 h

D

12:30 h

1º BAC

A

11:00 h

Porta principal

(Edif. Bacharelato)

B

11:30 h

C

12:00 h

D

12:30 h

24/09/2020

3º ESO

A

11:00 h

Porta principal

(Edificio ESO)

B

11:15 h

C/PMAR

11:30 h

D

11:45 h

2º BAC

A

11:00 h

Porta principal

(Edif. Bacharelato)

B

11:15 h

C

11:30 h

D

11:45 h

25/09/2020

4º ESO

A

11:00 h

Porta principal

(Edif. Bacharelato)

B

11:15 h

C

11:30 h

Unha vez que os alumnos e alumnas entren no recinto, serán recibidos polo titor(a), quen os acompañará á súa aula.

O alumnado deberá vir provisto de material para escribir o seu horario.

Neste primeiro día de clase, o alumnado estará unicamente co seu titor(a), que informará das novas normas de organización e funcionamento.

 

As reunións das familias cos titores/as realizaranse na segunda ou terceira semana do inicio das clases.

 

A Dirección

EDIXGAL: Libros de texto. Alumnado ESO 1 e 2

Os pais/nais do alumnado de 1º e 2º da ESO solicitantes do fondo solidario de libros de texto poden recoller os libros adxudicados polo centro o xoves 17 na Biblioteca do centro.

Horario:

1º ESO: de 10.00 h a 13.00 horas

2º ESO: de 16.30 h a 19.30 horas

 

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut