Skip to Content

Libros de texto para o curso 2021-22


Libros de texto

Curso 2021-22


 

Na táboa seguinte recóllense enlaces ás listas de libros de texto correspondentes a cada curso.

Nivel
Libros de texto para 1º ESO
Libros de texto para 2º ESO
Libros de texto para 3º ESO
Libros de texto para 4º ESO
Libros de texto para 1º de Bacharelato
Libros de texto para 2º de Bacharelato

 

A Dirección

Parabéns ABAU


Parabéns ao alumnado de 2º de bacharelato polos resultados obtidos nas probas ABAU


 
 
Dende o IES As Telleiras desexámosvos un bo verán!
 

Equipamento E-DIXGAL


Información para as familias

Equipamento E-DIXGAL


 
Estimadas familias:
 
Como vostedes saben, durante o presente curso 2020-21, o/a seu/súa fillo/a estivo matriculado/a nun centro que participa na iniciativa E-Dixgal do proxecto Abalar para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, polo que dispón para o seu uso persoal dun ordenador portátil, co seu correspondente maletín, cargador e punteiro.
A dirección do proxecto informa que se o alumnado continúa no mesmo centro cursando materias E-Dixgal no vindeiro curso 2021-22, poderá dispor do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose o vindeiro curso co material en perfectas condicións.
O alumnado que para o vindeiro curso 2021-22 cambie de centro deberá entregar obrigatoriamente o equipo no centro educativo que llo asignou de acordo co seguinte:

No caso de ensino secundario obrigatorio, estableceranse dous prazos diferenciados de entrega en función da superación ou non de todas as materias E-Dixgal cursadas:

25 de xuño para o alumnado que supera todas as materias E-Dixgal na convocatoria de xuño.
7 de setembro para o alumnado con materias E-Dixgal pendentes para a convocatoria de setembro e que por tanto precisa do equipo durante o verán.
Os equipos deberán ser entregados en perfectas condicións (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) nas datas indicadas.
As familias deberán asinar un documento de entrega facilitado polo centro.

 

Atentamente, a Dirección

Fotografías do eclipse (10/06/2021)


FOTOGRAFÍAS DO ECLIPSE

  10/06/2021


 

     

Eclipse parcial de Sol (10/06/2021), fotografiado por Joao Marcal Sueiras (1º Bac B).

Convocatoria de axudas para material escolar


AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

 CURSO 2021-2022


Publicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022.

DOG do xoves 20 de maio de 2021

 

Máis información no Portal educativo da Xunta de Galicia:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

 

IMPORTANTE: A partires do vindeiro curso o noso centro participa no proxecto EDIXGAL en todos os cursos de ESO, polo que a solicitude de axudas será para material escolar.

O prazo na solicitude de axudas para material escolar remata o 22 de xuño.

 

A Secretaría

Aviso importante sobre as cualificacións -- 2º BAC (curso 2020-2021)


AVISO IMPORTANTE SOBRE AS CUALIFICACIÓNS

EN 2º BACHARELATO (curso 2020-2021)


 

As datas relacionadas coa publicación, revisión e reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato, así como o período para a entrega da documentación ABAU, están dispoñibles neste ENLACE.

 

A Dirección

Información sobre a matrícula na ABAU -- Convocatoria ordinaria, xuño de 2021


INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA NA ABAU

Convocatoria ordinaria -- xuño de 2021


 

Neste ENLACE facilítase un documento co procedemento e as datas de formalización da matrícula na proba de avaliación de bacharelato a través da secretaría do centro.

 

A Dirección

Concrecións curriculares 2020-2021

 


Publicación das concrecións curriculares do centro
Curso 2020-2021

 

Queda publicado o documento de concrecións curriculares do IES As Telleiras. Poden consultalo no apartado de Documentación do Centro ou seguindo este ENLACE.

 

A Dirección

Cribado COVID para o alumnado


CAMPAÑA DE DETECCIÓN DE SARS-COV-2


 

A Consellería de Sanidade e as oficinas de farmacia da provincia da Coruña iniciaron este luns 19 de abril un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos. Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar co seu centro de saúde.

Para participar nesta campaña de cribado terán que acudir á súa farmacia de referencia, onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.

Para obter máis información sobre o cribado e consultar o listado de farmacias, preman neste ENLACE.

 

A Dirección

Presentación do centro


Vídeo presentación

O noso centro


 

Distribuir contido


by Dr. Radut