Skip to Content

CLUBS DE LECTURA EN BIBLIOTELLEIRAS

Concurso de relatos "Contos_eme 2022" para Bacharelato

 

A Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo convoca o Concurso "Contos_eme 2022"

Envía os teus relatos antes do 30 de outubro de 2022.

Os relatos deberán ser orixinais, en lingua galega ou castelá.

Deberán empezar coa frase seguinte, segundo o idioma:

“Cando ela nos dixo que ía estudar Enxeñaría na Escola de Minas e Enerxía...”

“Cuando ella nos dijo que iba a estudiar Ingeniería en la Escuela de Minas y Energía...”

Cada participante so poderá presentar un relato. Deberá ter, sen contar a frase inicial obrigatoria, unha extensión mínima de 200 palabras, máxima de 300 e estar escrito con letra Arial 11 e entreliñado de 1 liña.

Entregarase un premio por categoría que consistirá en diploma acreditativo e 200 euros.

Os relatos deben enviarse, en formato pdf, por correo electrónico a eme@uvigo.gal. O tema do correo deberá ser “concurso de relatos”, e no propio correo aparecerán os datos de autoría: nome, apelidos, DNI, correo de contacto e o nome do centro de matricula. 9.

O prazo de presentación remata o 30 de outubro de 2022, ás 20h.

Animádevos a participar! 

Reunións de pais e nais coas persoas titoras: Luns 3 de outubro

 

O luns 3 de outubro terán lugar as reunións de pais e nais coas persoas responsables da titoría de cada grupo e nivel e están organizadas do seguinte modo: 

16:30: todos os grupos de 2º ESO e 4ºESO, e 3ºESO B

18:30: todos os grupos de 1ºESO e 1º BACH, e 3ºESO A e C

19:00: todos os grupos de 2ºBACH

 

Por cuestións de organización, pregamos a asistencia dun único proxenitor por alumno/a.

As reunións terán lugar na aula respectiva.  

*Se por calquera motivo algún pai ou nai non puidese asistir á reunión ou tivese dúas reunións á mesma hora, poderá solicitar unha titoría individual co titor ou titora e facilitaráselle a información. 

 

 

Axudas para o material escolar do Concello

O concello de Narón acaba de sacar a convocatoria de axudas para o material escolar do curso 2022-23. 

O prazo de solicitude destas axudas permanecerá aberto ata o 30 de abril de 2023 e son compatibles coas axudas concedidas pola Xunta para libros e material escolar, sempre que se cumpran os requisitos da convocatoria.

 

Adxunto achegamos a información e os impresos de solicitude. A tramitación realizarase no Concello. 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 22/23

Relación de libros de texto para o curso 2022-2023

 

           1º ESO          2º ESO          3º ESO          4º ESO          1º BACH          2ºBACH

 

 

Reunión informativa e entrega de ordenadores para o alumnado de 1ºESO

Convócase ás familias do alumnado de 1º da ESO a unha reunión informativa sobre o inicio de curso o mércores 7 de setembro ás 17:00 horas no salón de actos. 

Nesta reunión realizarase tamén a entrega dos ordenadores Edixgal. É necesario que asista cando menos o pai, a nai ou o/a titor/a legal do alumnado para que esta sexa efectiva. 

Un saúdo, 

A dirección

 

Validacións e exencións de materias

Poderá solicitar a exención da materia de Educación Física quen curse educación secundaria obrigatoria ou bacharelato e, simultaneamente, acredite ter a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento, ou quen realice estudos das ensinanzas profesionais de danza. 

O alumnado que solicite a exención ou a validación poderá presentar o certificado académico que acredite a superación das materias ata a data en que se leve a cabo a avaliación final no caso de educación secundaria e a final extraordinaria no caso do bacharelato; noutro caso, a materia figurará como pendente. 

O alumnado ou, no caso de menores de idade, as persoas proxenitoras ou representantes legais presentarán durante o mes de setembro a correspondente SOLICITUDE, que se acompañará da documentación que acredite que o alumnado está a cursar ou cursou e superou os estudos utilizados para a validación /exención ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento. 

 

Inicio de curso: 8 de setembro

O 8 de setembro comeza o novo curso no horario habitual do centro, isto é, de 08:30 a 14:10 de luns a venres e os martes tamén de 16:20 a 18:00 horas. 

Desde ese día o alumnado poderá facer xa uso do transporte escolar para desprazarse até o centro educativo. 

Realizarase unha xornada de acollida para o alumnado de 1º ESO con distintas actividades encamiñadas a dar a coñecer as instalacións e as distintas propostas que oferta o centro. 

Así mesmo, deixamos como documento adxunto unha guía de benvida para facilitar a incorporación do alumnado novo ao centro. 

O alumnado e as familias poderán consultar uns días antes do comezo das aulas as listaxes por grupos e niveis no hall do edificio principal para 1º, 2º e 3º da ESO e no hall do edificio de Bacharelato para 4º da ESO e 1º e 2º de Bach. En todo o caso, enviaremos unha notificación a través de Abalar para avisar en canto os fagamos públicos. 

Desde o IES as Telleiras desexámosvos un feliz inicio de curso! 

 

 

Calendario escolar 2022-2023

*Lembramos que o festivo local é o 23 de novembro (Día de Narón) e que queda aínda pendente outro día non lectivo que se escolle en cada curso escolar e do que daremos cumprida conta.

Información do centro: Agosto

Durante o mes de agosto o persoal do IES As Telleiras disfrutará das súas vacacións. Prégase, por este motivo, que as persoas que precisen realizar algunha consulta ou trámite o soliciten previamente a través do teléfono do centro ou do correo electrónico. 

Teléfono do centro: 881930350

Correo electrónico: ies.telleiras@edu.xunta.es

No mes de setembro o horario de atención de secretaría será xa o habitual, isto é, de 09:00 a 14:00 h. 

Feliz verán!

Distribuir contido


by Dr. Radut