Skip to Content

10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro a comunidade internacional celebra o Día dos Dereitos Humanos. Este ano a festividade cadrou en día non lectivo, mais o alumnado estivo traballando arredor desta temática nas semanas anteriores á celebración, reivindicando dun modo artístico algúns dos dereitos fundamentais. 

Os resultados desta iniciativa do EDLG tomaron forma de tapetes para o rato do ordenador e están sendo exhibidos durante esta semana no vestíbulo do centro, xunto cunha explicación dos elementos máis significativos que encerra esta conmemoración, aínda tan necesario nos nosos días. 

 

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia Machista. Este ano escollemos como motivo do cartaz para a reivindicación desta data o deseño elaborado por Noa Romero Calvo, alumna de 2º de BACH. 

Durante esta semana o IES as Telleiras realizou unha serie de accións encamiñadas a concienciar o alumnado sobre esta lacra. Ademais da representación da obra teatral Animais de compañía, no centro tiveron lugar outras actividades arredor desta conmemoración: 

Unha exposición bibliográfica na biblioteca:

Un mural reivindicativo e participativo elaborado polo alumnado de educación plástica e visual 

 

Un muro contra a violencia machista cedido polo Concello de Narón e acompañado dunha exposición de zapatos vermellos, símbolo da reinvidicación que fixo viral Gioconda Belli a través do seu libro No país das mulleres

 

Unha exposición de textos literarios por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 E un taller de chapas con diversos motivos arredor do 25N: 

Representación teatral da obra "Animais de compañía", a cargo de Farándula Velutina

Con motivo das accións que desde o centro se levan a cabo para a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia Machista o día 25 de novembro, o martes tivo lugar unha obra de teatro á que asistiu todo o alumnado da ESO e o de 1º de Bacharelato. 

A obra representada foi "Animais de Compañía" do grupo de teatro Farándula Velutina. 

Alumnado de 3º de Educación Dixital gaña o 1º Premio no concurso "A maxia da robótica"

O alumnado de 4º de Tecnoloxía e de 3º de Educación Dixital do IES As Telleiras participou no Obradoiro Concurso da “Maxia da Robótica”, que organiza Igaciencia no centro Ágora en A Coruña; neste concurso participan vinteseis centros de toda Galicia con máis de oitocentos nenas e nenos. O concurso consiste en vinte retos de robótica que os rapaces e as rapazas teñen que resolver agrupados en equipos de cinco ou seis persoas programando robot EV3 no tempo dunha hora.

O alumnado de Telleiras tivo unha actuación fantástica deixando moi alto o nivel do noso centro, e cómpre salientar ademais que un equipo da materia de “Educación Dixital”  integrado por Cristina López, Lara Torrente, Naiala Pérez, José Fuentes y Cloe Hermida acadaron o primeiro lugar da categoría 1º y 3º da ESO, gañando un premio de 300€; por este motivo foron convidados a un acto no centro Ágora organizado pola Concellería de Cultura da Coruña.

Parabéns a todo o alumando participante e, por suposto, aos premiados.

La Voz de Galicia fíxose eco desta convocatoria. Pódese consultar a nota de prensa aquí

1ª Convocatoria de reunión do grupo LGBTelleiras (16 de novembro)

Convocamos a todas as persoas interesadas en facer parte de LGBTelleiras á primeira reunión do grupo, que terá lugar o mércores 16 de novembro no segundo tempo de lecer na biblioteca.

Animádevos a participar! 

Eleccións ao Consello Escolar

Samaín e Magosto (28/10/2022)

O venres 28 de outubro o IES As Telleiras celebrou de forma conxunta o Samaín e o Magosto. Nesta conmemoración o alumnado realizou diversas actividades ao longo da mañá.

Por un lado, o alumnado de 1ºESO, 2ºESO e 3ªESO participou nun concurso de portas fúnebres. Aquí podedes ver algunha delas:  

 

 

 

Por outro lado, o alumnado de 4ºESO e 1ºBACH participou nun concurso de epitafios con moita retranca:

Mesmo o profesorado do centro se animou a participar decorando as portas dos distintos departamentos didácticos: 

Ao longo da mañá tamén se desvelaron as persoas gañadoras do concurso de relatos de ultratumba, convocado pola biblioteca, e do concurso de cabazas. 

As persoas premiadas no concurso de relatos foron Daniel Varela Tajes con "La casa misteriosa", Julia Calderón Lago con "Pesadelos de dor" e Diego Mourente con "El castillo del Infierno". 

As tres cabazas gañadoras foron da autoría de Diego Mourente, Ayelén Rodríguez Vilariño e Carolina Yáñez Gato, e Alexandre Rodríguez e Claudia Rego Serantes. 

E ao finalizar a mañá todo o alumnado do centro e o resto dos membros da comunidade educativa gozaron dunha degustación de castañas asadas.

 

Benvida ao centro Cassidy!

Hoxe queremos presentarvos a Cassidy, a auxiliar de conversa que nos acompañará durante o curso 22-23! Vén de Minnesota e desexamos que goce moito da súa estadía no IES As Telleiras! 

You're very welcome!

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

De acordo coa Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, concédese unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25 euros adicionais baixo as seguintes condicións:

-Unicamente recibirán esta ampliación de 25 euros aquelas persoas beneficiarias do vale de axuda por material de 50 euros.

-Os vales deberán ser empregados nos establecementos preferiblemente antes do 1 de decembro de 2022.

Recolleranse na Secretaría do centro a partir do mércores 19 de outubro en horario de 09:00 a 14:00. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorirzaŕa outra persoa para facelo. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut