Skip to Content

NOVAS

UN NOVO ÉXITO DO ALUMNADO DO IES AS TELLEIRAS

O alumnado do IES As Telleiras participante nas probas de nivel lingüístico para a acreditación da competencia en lingua inglesa segundo regula o  Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL) ven de obter un enorme éxito, do que nos sentimos moi orgullosos.

 

Presentáronse 67 alumnos do segundo ciclo da E.S.O. e dos dous cursos de bacharelato ao abeiro da Resolución do 27 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e foron quen de certificar os niveis B1, B2 e C1.

 

Dito alumnado foi coordinado e orientado polo profesorado do departamento de inglés ao que tamén queremos agradecerlle a súa profesionalidade e dedicación.

 

Xa agardamos pola convocatoria deste ano na que esperamos ser seleccionados para continuar nesta senda de innovación e de mellora da competencia lingüística en lingua inglesa do noso benquerido alumnado.

 

Parabéns para todos os participantes!!!!

 

BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

 

                                   Bolsas e axudas - Ministerio de Educación

Curso 2022-2023

 

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

-1ª Fase: preténdese realizar as comprobacións económicas. As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

- 2ª Fase: informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede. Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

                                          Máis información na seguinte ligazón:
                                        https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

 

 

Admisión 2022-23


 ADMISIÓN EN ESO E BACHARELATO

ENSINANZAS DE DIÚRNO        

Curso 2022-2023


 

Todo o alumnado que presentou a súa solicitude de admisión para o curso 2022-2023 na ESO e Bacharelato no IES As Telleiras foi admitido.

 

A Dirección

FIRST LEGO LEAGUE

        

O equipo do IES As Telleiras chamado CTRL+T, participará o sábado cinco de Marzo a partir das dez da mañá no auditorio de Ferrol no concurso de ciencia e robótica First Lego League. Nesta edición “Cargo Connect”, a temática vai sobre o transporte mundial. O equipo do noso centro equipo está formado por dez rapazas e rapaces do IES de segundo e cuarto da ESO, este ano e os dous próximos estamos becados pola asocianción para a promoción da muller na ciencia e na enxeniería “Ingeniera Soy”

Intentaremos dar o mellor de nos e acadar os nosos obxectivos do mellor xeito posible, anímamovos a seguir a nosa participación.

Debido os problemas de aforo agravados polo COVID e a grande participación, non haberá acceso o público, aínda así o concurso pode seguirse por vídeo en streaming no seguinte enlace 

                     First Lego League     

 

 

ENTROIDO NO IES AS TELLEIRAS

Carteis realizados polo alumnado de 4º ESO A de TIC

Distribución de máscaras

 


Distribución de máscaras para o alumnado


 

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (DOG nº 218 do venres, 12 de novembro de 2021):


Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar. Aquel alumnado que por diversas circunstancias non fose beneficiarios para adquirir material escolar poderá solicitalo se cumpre os requisitos establecidos na orde:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

Prazo de presentación de solicitudes no centro: do 15 ao 29 de novembro.

 

A Dirección

INICIO DO CURSO 2021/2022

 

Instrucións para o primeiro día (presentacións)

 

 

 

No seguinte cadro aparecen o día e horas de inicio de curso (presentacións)

para cada grupo. Alumnado e familias poderán consultar as listaxes por curso antes do

día da presentación a través de ABALAR-MÓVIL

 

O alumnado estará unicamente co seu titor(a), que será o encargado(a) de informar

das novas normas de organización e funcionamento.

 

 

Data de inicio

 

Cursos

Grupo

Hora de entrada

Zona de recepción

 

 

 

 

 

 

 

15/09/2021

1º ESO

A

9:30 h

 

Porta principal Edificio ESO

B

10.00h

C

10.30h

2º ESO

TODOS OS GRUPOS

 

10.00h

Salón de Actos 

3º ESO

TODOS OS GRUPOS

11.00h

 

Salón de Actos 

4º ESO

TODOS OS GRUPOS

10:30h

Porta principal Edificio Bacharelato

1º BAC

TODOS OS GRUPOS

11.30h

 

Porta principal Edificio Bacharelato

2º BAC

TODOS OS GRUPOS

12:00h

Porta principal Edificio Bacharelato

O/a titor(a) explicará ao alumnado as indicacións e normas de seguridade hixiene que se seguirán durante o curso.

  • O alumnado deberá vir provisto de material para escribir o seu horario.
  • Ao día seguinte da presentación, (16) o alumnado acudirá ao centro no horario habitual de clases.
  • As reunións das familias cos titores/as realizaranse na segunda ou terceira semana do curso.

 

 

Matrícula -- Curso 2021 - 2022

 PRAZOS DE MATRÍCULA

CURSO 2021-2022


 

ESO: martes 7 de setembro de 2021.

Bacharelato: mércores 8 de setembro de 2021.

 

O horario de secretaría é de 9.00 h a 14.00 h.

 

 

Xefatura de Estudos

CALENDARIO DE CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS SETEMBRO 2021

Calendario cualificacións e reclamacións

setembro 2021


 

As datas e horas para a ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS E PRAZO DE RECLAMACIÓNS para cada un dos cursos aparece no seguinte arquivo adxunto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut