Skip to Content

Inglés

"DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS"

"DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021"

 

 

XELA ARIAS CASTAÑO


(SARRIA, LUGO 1962-VIGO 2003)

 

 

Homenaxe a Xela Arias no noso IES

 

Xela Arias foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes IES galegos.

 

Pasou a maior parte da súa vida en Vigo, onde chegou a ser un referente do mundo editorial e da poesía de muller.

 

En 1980 fundouse a editorial Xerais, onde Xela traballou como correctora e asesora lingüística durante dez anos.

 

Deuse a coñecer en 1986 con 'Denuncia do equilibrio', finalista do Premio Losada Diéguez.

 

 

Imaxe: Editorial Xerais

 

 

 

Tamén foi finalista do Premio Esquío con 'Lili sen pistolas', un libro que aínda hoxe permanece inédito. Posteriormente publicou 'Tigres coma cabalos' (1990), 'Darío a diario' (1996 dedicado ao seu fillo) e 'Intempériome' (2003). 

 

Ademais, participou en libros colectivos como 'Palabra de muller' (1992), 'Rosalía na palabra de once poetas galegas' (1997) e 'Daquelas que cantan' (Fundación Rosalía de Castro, 2000).

 

 

 

 

Imaxe: Real Academia galega

 

 

 

 

Fixo traducións ao galego de obras de Bram Stoker (“Drácula”), Roald Dahl (“As bruxas”) e  Gianni Rodari (“Contos ao teléfono”).

 

O 2 de novembro de 2003 a noticia da morte de Xela Arias conmocionou ao mundo cultural e literario de Galicia.

 

 

 

    

 

Imaxe: Consello da cultura galega

 

 

 

 Xela Arias nas nosas aulas

 

 

 

HOMENAXE A XELA ARIAS NO NOSO CENTRO:

 

O pasado venres 14 de maio o alumnado da E.S.O. dedicou a primeira das sesións lectivas a lembrar a súa figura facendo unha lectura colectiva en voz alta dos principais momentos da súa vida e dunha escolma da súa poesía.

 

 

Parabéns ao noso alumnado e ao equipo da "Bibliotelleiras" polo éxito da homenaxe.

 

 

Deixámosvos a súa poesía:

 

Onde cantan os poetas

A nos lembra-lo que non foi

Ou puido ser,

Vese na dor inmóvil, imposible, invariable

Medida do silencio que resta.

 

(Intempériome, 2003)

 

 

 

 

"Mil primaveiras máis para a lingua e cultura galegas"

 

 

 

 

 

"2021 WORLD BOOK DAY " ("Día do Libro")

"2021 WORLD BOOK DAY " ("Día do Libro") 

 

O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nun día como o de hoxe do ano 1616 faleceron William Shakespeare, Miguel de Cervantes e o Inca Garcilaso de la Vega. A mesma data viu nacer ou falecer tamén a figuras prominentes da literatura universal como Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo.

  

O “World Book Day” (Día do Libro) creouno a UNESCO no ano 1995 para celebrar a festa dos libros, a dos seus autores e fomentar que a xuventude descubra o pracer da lectura.

 

                                          IMAGE (Source): UNESCO

 

Un día como o de hoxe cambia vidas a través do amor polos libros e a lectura compartida. É unha celebración universal que chega a máis de cen países en todo o planeta.

  

No ano 1923 os libreiros de Cataluña unificaron por primeira vez a homenaxe ao mundo dos libros na data do 23 de abril. Vicente Claver Andrés, escritor valenciano, considerou que se  debía honrar a figura de Miguel de Cervantes Saavedra.

E así ata hoxe!

 

Para conmemorar esta efeméride, nos distintos grupos do noso centro traballamos a competencia lectora con  actividades variadas e disfrutando da lectura de distintos tipos de textos escritos.

 

Como despedida a un día sinalado na vida do noso IES, deixámosvos unhas imaxes do profesorado deste departamento acompañado dun libro: unha arma de construcción masiva.

                 OLIVIA FIGUEIRA: "Purple Hibiscus" ("La Flor Púrpura"), Chimamanda Ngozi.

 

 

                 ANA PENA: "World without end("Un mundo sin fin"), Ken Follet.

 

 

                       ANDRÉS VIZOSO: "Rad Women Worldwide" ("Mujeres Geniales"), Kate Scatz.

 

E para rematar esta serie, un clásico da literatura norteamericana:

 

 

                          MERCEDES RODRÍGUEZ: "The Catcher in the Rye("El Guardián entre el centeno"), J.D. Salinger.

 

E pechamos este post cunha cita:

 

A reader lives a thousand lives before he dies . . . The man who never reads lives only one.” – George R.R. Martin.

 

 

HAPPY EASTER 2021!

HAPPY EASTER HOLIDAYS!

 

Os profes que formamos o departamento de inglés queremos desexarlle unhas boas e merecidas vacacións ao noso alumnado e a toda a comunidade educativa do IES As Telleiras.

 

Queremos amosar aquí o noso recoñecemento especial aos nosos alumnos pola actitude amosada durante estes dous trimestres de traballo en condicións moi adversas, derivadas do COVID -19.

 

Agardamos que recarguedes ben as baterías e retomedes o que queda de curso co mesmo espírito e  que as vosas expectativas persoais e académicas se cumpran.

 

 Best wishes!

 

ST. PATRICK'S DAY 2021 no IES AS TELLEIRAS

ST. PATRICK'S DAY 2021

 

"The IES TELLEIRAS is IRISH ON St. PATRICK'S DAY"

 

O noso IES celebrou hoxe o día nacional de Irlanda, "St. Patrick's Day".

 

Tarefa do noso alumnado de 1º E.S.O.

 

O noso estupendo alumnado realizou distintas actividades formativas e de investigación nas clases de inglés nas que descubriu a orixe da festividade, as tradicións asociadas a este día, o folclore, a música, a literatura e moitos outros contidos relacionados coa cultura irlandesa.

 

 

Tarefa do noso alumnado de 1º E.S.O.

 

Houbo tempo tamén para degustar respectando as medidas derivadas do protocolo COVID-19 unha deliciosa "Guinness Chocolate Cake" elaborada con moito cariño pola xefa do departamento, Mercedes Rodríguez.

 

Guinness chocolate cake 2021!

 

E non podía faltar o bo humor nun día como o de hoxe. Os membros do departamento fixeron unha paradiña no seu horario para celebrar a festividade como mandan os cánones:

 

Staff 2021

 

 

Deixámosvos cun dito e un desexo popular irlandés:

 

Irish Blessing

 

"May your troubles be less, and your blessings be more, and nothing but happiness come through your door."

 

 

 

 



 

 

WOMEN'S INTERNATIONAL DAY 8th March 2021

 

WOMEN'S INTERNATIONAL DAY:

8th March 2021

 

 

              ENGLISH DPT. Left to right: Mercedes, Andrés, Olivia, Jordan y Ana.

 

365 days a year: A whole lifetime!

 

 

ENTROIDO BUCANERO no ENGLISH DEPARTMENT

ENTROIDO BUCANERO no ENGLISH DEPARTMENT

 

Na mañá de hoxe recibimos a visita de Anne Bonny e John Silver "o Longo" coincidindo coa celebración do Entroido no noso IES As Telleiras.

 

Pese as inclemencias do tempo e a tempada de pandemia que nos toca vivir, o noso alumnado é merecedor máis que nunca de ter a oportunidade de celebrar e vivir días como o de hoxe, onde o humor e as entroidadas  apodéranse do noso centro.

 

Agardando que estes malos tempos queden pronto no olvido e que podamos recobrar a normalidade no día a día, desexámosvos a todos un bó descanso nestes días.

 

Agradecemos o traballo de todo o equipo que organizou o evento e a todos os implicados que fixeron que a mañà de hoxe resultara un enorme éxito.

 

A ver si para o ano podemos retomar a nosa esencia carnavalera no noso salón de actos e só con máscaras de Entroido!!!.

 

English Dpt.

 

 

FELICITACIÓN NADAL 2020: ENGLISH DEPARTMENT

O Departamento de inglés deséxalle a toda a comunidade educativa poder retornar pronto aos sorrisos e aos abrazos.

Grazas a todo o noso alumnado polo seu exemplar trimestre!

Merry Christmas and stay safe!

 

ABAU 2020: PROBA DE LINGUA INGLESA

A CIUG publicou onte os novos modelos de proba de acceso á universidade.

Aquí tedes o enlace á proba de inglés para a convocatoria 2020.

ABAU INGLÉS 2020

 

 

OS MELLORES DESEXOS ANTE O COVID 19

O departamento de inglés quere enviar a todo o alumnado e a comunidade educativa do IES As Telleiras os mellores desexos durante a ausencia no centro educativo derivada da crisis  do coronavirus.

Vémonos pronto!!!

 

 Source: pexels.com (Autor: Burst)

 

 

 

 

MARDI GRAS no DEPARTAMENTO DE INGLÉS (2020)

CARNAVAL 2020

Na mañá de hoxe a Familia Addams visitou o noso IES.

Mércores e Gómez Addams acercáronse ao departamento de inglés a asinar no seu libro de actas.

 

 

 

Tamén contamos coa adorable visita de Morticia, Pugsley Addams, Largo (o mordomo) e unha réplica de Mércores Addams.

 

No IES As Telleiras seguimos traballando para que o noso alumnado sexa moi feliz.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut