Skip to Content

blogue deeiriz

3ºESO. PROPOSTA TAREFAS CRISE CORONAVIRUS. (I)

3ºESO. Si tes calquera dúbida...xa sabes

 

                                          eiriz@telleiras.org

 

A)-Carillón: Cando volvamos examinarémonos da aria “Lascia chio 

 

pianga” da ópera Rinaldo de Haendel. (Xa tes a partitura e xa a 

 

tocamos en dúas clases, así que podes tela "dominada" para cando

 

voltemos. Ollo cos matices de expresión cando a CANTES...)

 

B)-Xa fixeches o Cadro de Haydn, Mozart e Beethoven.

 

Estúdao con especial atención ás anécdotas.

 

 

C)-2 CONTOS: QUINTO E SEXTO VIAXE POLO TEMPO.

 

(O primeiro xa o limos e xa nos paramos nas palabras que non

 

entendiamos. Fai o mesmo co sexto viaxe.*)

 

D) Actividades: 114,115,142 e 143. (Pregunta e só a resposta

 

correcta)

 

Son moi sinxelos.

 

E) -REPASAMOS O ULTIMO VIDEO QUE VIMOS NA CLASE.

 

https://www.rtve.es/television/this-is-opera/

 

Lembra o capítulo adicado á ópera (singspiel) “A frauta máxica” de

 

Mozart.

 

-Suxerencia (F,G,H)

 

Subscríbete ao blog de Jaime Altozano, no seu canle en YOUTUBE.

 

Todos os seus vídeos son interesantísimos. Mergúllate en calquera

 

deles. Aprenderás e o pasarás realmente ben.

 

Por exemplo...convídoche a ver, de cara á 3ª avaliación, estes 3:

 

 

F)El horrible viaje de Chopin a Mallorca. Y la historia de la tuberculo-

 

sis.

 

     https://www.youtube.com/watch?v=-5b4E1OIE5w

 

G) Beethoven y el secreto de la melodía más famosa del mun-

 

do.

 

    https://www.youtube.com/watch?v=0DuXjdkAYrg

 

 

H) Modas musicales de 1950 a 2010.

 

    https://www.youtube.com/watch?v=5MbcqxZvMgE

MÚSICA EN TEMPOS DE CONFINAMENTO...

    Teredes dende mañá mércores 25 na web do centro un cadro, materia por materia, lembrádoos a maneira de seguir avanzando e ter contacto cos vosos/as profesores/as. (Como me consta xa levades facendo). Este cadro-resumo de onde atopar información é de especial interese para o alumnado da miña titoría. Para vos e tamén para o resto do alumnado anímovos a contactar ao través do enderezo mail:    

                eiriz@telleiras.org

     Facede as actividades que vos pido, lede e resumide as lecturas obrigatorias que vos indico, vede os vídeos que vos recomendo e, o mais importante, utilizade a música dun xeito tamén UTIL para aprender e evitar momentos de "tensión" que desafortunadamente aparecerán tras tantos dias de illamento.

     Neste sentido, suspendo as tarefas relacionadas coa FRAUTA-que pode non "contribuir" á paz familiar...-,pero non así o CARRILLON...que, con baquetas xiradas, ben sabedes que apenas se escoita.

    Moita forza, paciencia e RESPETO cara os vosos irmás e pais/nais ou titores e demais familiares. Entre todos superaremos esta crise. Ata moi pronto.  Manuel.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut