Skip to Content

Información do centro durante o estado de alarma

 


Información do centro

durante o estado de alarma


 

Durante o período inicial ditaminado polo goberno, que vai desde o 16 de marzo ata novo aviso, este centro traballará de forma telemática.

Os trámites administrativos están suspendidos por orde do goberno, os prazos dos mesmos reanudaranse cando as autoridades así o determinen.

Para comunicacións urxentes estamos á súa disposición na dirección:

ies.telleiras@edu.xunta.es

Para problemas que non poidan solucionar polo correo chamen ao teléfono do instituto de luns a venres de 10:00 h a 13:00 h:

Teléfono: 881930350

Lembren que os días 19 (festivo) e 20 de marzo son días non lectivos.

Tamén lembren que non podemos entregar ningún papel de forma presencial.

 

 

  A Dirección

INFORMACIÓN COVID-19

Estimadas familias:

Informamos de que a Xunta comunica as seguintes instrucións: os centros educativos de Galicia pecharanse desde o vindeiro luns por un período inicial de 14 días con carácter oficial, e de xeito recomendado mañá venres. Segundo recibamos información irase publicando nesta Web.

A Dirección.

Prazo de admisión para o curso 2020/2021

 


 

PRAZO DE ADMISIÓN PARA O

CURSO 2020/2021


 

Do 1 ao 20 de marzo

 

O alumnado de nova incorporación que queira solicitar praza para o próximo curso no IES As Telleiras pode facer a solicitude da seguinte forma:

 

Vía dixital no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

(só entre o 1 e o 20 de marzo)

 

Forma presencial no IES As Telleiras

(como o último día do prazo, 20 de marzo, o centro permanecerá pechado por ser día non lectivo, poderase entregar a documentación tamén o luns 23 de marzo).

 

A Dirección

 

Probas acceso a ciclos formativos de Formación Profesional

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional - Convocatoria 2020

 Prazo de inscrición:

  •  Ciclo medio: do 2 ao 13 de marzo de 2020
  • Ciclo superior: do 10 ao 19 de febreiro de 2020

 Celebración da proba:

  •  Ciclo medio: 28 de maio de 2020
  • Ciclo superior: 23 de abril de 2020

Para máis información sobre as probas de acceso aos ciclos de grao medio

CLIQUE AQUÍ

Para máis información sobre as probas de acceso aos ciclos de grao superior CLIQUE AQUÍ

 

Normativa aplicable: Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Educación Secundaria de Adultos

As clases correspondentes ao Módulo 4 (2º cuatrimestre) da Educación Secundaria de Adultos comezarán o Luns 10 de Febreiro de 2020 ás 16:20 horas na aula de referencia do grupo (aula E2C - Edificio da ESO).

O Horario pódese consultar no apartado de Ensino de Adultos Horarios dos grupos ou no taboleiro da entrada do centro.

Xefatura de Estudos de Ensinanzas de Adultos

Exames finais - Módulo Terceiro da ESA

Exames finais do módulo terceiro (ESA)

CURSO 2019-2020

 

Os exames finais correspondentes aos ámbitos do Módulo Terceiro da ESA quedan fixados para as seguintes datas e horas:

 

·  Ámbito de comunicación (inglés): xoves 30 de xaneiro, ás 18.20 h.

·  Ámbito científico tecnolóxico: venres 31 de xaneiro, ás 16.20 h.

·  Ámbito social: luns 3 de febreiro, ás 17.10 h.

·  Ámbito de comunicación: martes 4 febreiro, ás 18.20 h.

 

Todos os exames se realizarán na aula de referencia da ESA (E 2C).

Xefatura de Estudos de Adultos

Aviso sobre o transporte escolar 2020


 

Aviso sobre o transporte escolar


 

 

A partir do 8 de xaneiro de 2020, a Consellería de Educación modifica as concesións do transporte escolar, polo que os autobuses que recollerán ao alumnado serán de outras empresas, pero as paradas e os horarios serán os mesmos. Desculpade polas molestias.

Bo Nadal!

Dende o IES As Telleiras desexámoslles

bo Nadal e Feliz ano 2020!

Entrega de notas da 1ª avaliación - Adultos

ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS

ENSINANZAS DE ADULTOS

 

1ª AVALIACIÓN (CURSO 2019-2020)

 

 

  • 1º e 2º Bacharelato (adultos): xoves 19 de decembro, a partires das 18.00 h en Xefatura de Estudos.

 

  • FP Básica: xoves 19 de decembro, ás 19.10 h na aula do curso (E2B).

Días festivos de outubro - novembro (curso 2019-2020)

Non haberá clase os seguintes días:

- xoves 31 de outubro, por ser o día do Ensino;

- venres 1 de novembro, festividade de Todos os Santos; e

- luns 4 de novembro, festivo de libre disposición elixido polo centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut