Skip to Content

SAMAÍN 2023

 

CONCURSO DE CABAZAS

Celebramos no noso centro un concurso de cabazas co motivo do Samaín, todas elas arrepiantes e cheas de imaxinación, que están expostas no hall do centro. Graciñas polo voso traballo e participación!!

 

 

 

 

CASTAÑAS, CHOCOLATE E FOLIADA ESTA TARDE!!

ESTAMOS DE FESTA NO IES AS TELLEIRAS!!

Esta tarde celebramos o MAGOSTO comendo ricas castañas e bebendo chocolate ben quentiño!!

Non teremos clase e viremos disfrazados!! Contamos contigo!!

O alumnado de 1º ESO elaborou sendos murais na clase de lingua e literatura galega para recordarnos que estamos en outono e que é tempo chuvioso e de ceos anublados pero tamén de comer castañas e de disfrutar das fantásticas cores das follas e das árbores. Aquí vos deixo unha mostra do seu traballo. 

Noraboa!!

 

CONCURSO DE CABAZAS

 

Halloween é a gran festa do ano? Gústalle "matar de arrepío" aos teus amigos e amigas?

Pois esta é a túa oportunidade!!

Participa no concurso deste ano e gaña un premio mooooi xugoso!!

Non o dubides! Tes ata o 27 de outubro para presentar a túa cabaza creativa!!

Participa!!

RECOLLIDA ORDENADORES EDUCA-DIXITAL PARA O NOVO ALUMNADO DE 2º, 3º E 4º ESO

Informámoslles que temos á súa disposición os ordenadores para o alumnado de nova incorporación dos cursos 2º, 3º e 4º ESO e que poderán vir recollelos mañá venres día 22 de setembro en horario de 9 a 14 horas. O pai, nai ou tutor legal asinará o documento de cesión por duplicado (unha copia para o centro e outra para a familia). Os ordenadores teñen carácter de préstamo e son totalmente gratuitos para as familias, que se responsabilizan do seu coidado e uso responsable. O alumnado traerá o ordenador ao centro cada día, completamente cargado.

O equipo informático (portátil con cargador e maletín) é TEMPORAL, xa que non dispoñemos dos ordenadores E-Dixgal definitivos que a Consellería ten que enviarnos nas próximas semanas. Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar pero tentamos garantir a calidade do ensino e non discriminar a estes alumnos/alumnas frente aos seus compañeiros / compañeiras que xa teñen ordenador. Estes  equipos non requiren ningún tipo de mantemento ou instalación de programas (agás escribir o contrasinal da wifi da casa para a súa conexión a Internet).

 

En caso de non poder vir mañá, por favor, póñanse en contacto co centro.

XORNADA DE ACOLLIDA NO IES AS TELLEIRAS

O pasado luns 8 deu comezo o curso escolar e para o alumnado de 1º ESO e 1º BAC foi un día especial cunha xornada de acollida no centro, no que tiveron a oportunidade de percorrer as instalacións, coñecer ao Equipo directivo e ao seu titor ou titora, así como a boa parte do profesorado co que van a traballar ao longo do curso, e como non, aos seus novos compañeiros e compañeiras. Foi unha mañá de risas e de nervios, de xogos no patio e de boas intencións para o curso que vén.

Benvidos e benvidas!!

EXENCIÓNS E CONVALIDACIÓNS CURSO 2023-24

Achegamos ORDE do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación

ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato

e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de

deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

Para calquera cuestión, non dubidedes en consultar na nosa Xefatura de estudos.

ORDE EXENCIÓNS E VALIDACIÓNS

COMEZO DO CURSO 2023-24

Dámosvos unha calurosa benvida ao novo curso escolar 2023-24.

O luns 11 de setembro comeza o novo curso no horario habitual do centro, isto é, de 08:30 a 14:10 de luns a venres, e os martes tamén de 16:20 a 18:00 horas pola tarde.

Desde ese día o alumnado poderá facer xa uso do transporte escolar para desprazarse até o centro educativo. 

O alumnado e as familias poderán consultar uns días antes do comezo das clases as listaxes por grupos e niveis na entrada do edificio principal para 1º, 2º e 3º da ESO e no hall do edificio de Bacharelato para 4º da ESO e 1º e 2º de Bach. En todo o caso, enviaremos unha notificación a través de Abalar para avisar en canto os fagamos públicos. 

Desde o IES as Telleiras desexámosvos un feliz inicio de curso! 

ATENCIÓN AO PÚBLICO NO MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto o persoal do IES As Telleiras disfrutará das súas vacacións. Prégase, por este motivo, que as persoas que precisen realizar algunha consulta ou trámite o soliciten previamente a través  do correo electrónico. 

Correo electrónico: ies.telleiras@edu.xunta.es

No mes de setembro o horario de atención de secretaría será xa o habitual, isto é, de 09:00 a 14:00 h. 

Feliz verán!

LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24

ENTREGA ORDENADORES EDIXGAL 4ºESO

O alumnado de 4ºESO deberá entregar os ordenadores Edixgal o venres 23 de xuño despois da entrega de notas e na seguinte orde: 

4ºESO A  11:15

4ºESO B  11:45

4ºESO C  12:15

A entrega realizarase na biblioteca e os ordenadores deberán vir en bo estado, na caixa orixinal e coa bolsa, o cargador e o lapis incluído (aqueles que o traian). 

Distribuir contido


by Dr. Radut