Skip to Content

COMEZO DO CURSO 2023-24

Dámosvos unha calurosa benvida ao novo curso escolar 2023-24.

O luns 11 de setembro comeza o novo curso no horario habitual do centro, isto é, de 08:30 a 14:10 de luns a venres, e os martes tamén de 16:20 a 18:00 horas pola tarde.

Desde ese día o alumnado poderá facer xa uso do transporte escolar para desprazarse até o centro educativo. 

O alumnado e as familias poderán consultar uns días antes do comezo das clases as listaxes por grupos e niveis na entrada do edificio principal para 1º, 2º e 3º da ESO e no hall do edificio de Bacharelato para 4º da ESO e 1º e 2º de Bach. En todo o caso, enviaremos unha notificación a través de Abalar para avisar en canto os fagamos públicos. 

Desde o IES as Telleiras desexámosvos un feliz inicio de curso! 

ATENCIÓN AO PÚBLICO NO MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto o persoal do IES As Telleiras disfrutará das súas vacacións. Prégase, por este motivo, que as persoas que precisen realizar algunha consulta ou trámite o soliciten previamente a través  do correo electrónico. 

Correo electrónico: ies.telleiras@edu.xunta.es

No mes de setembro o horario de atención de secretaría será xa o habitual, isto é, de 09:00 a 14:00 h. 

Feliz verán!

LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24

ENTREGA ORDENADORES EDIXGAL 4ºESO

O alumnado de 4ºESO deberá entregar os ordenadores Edixgal o venres 23 de xuño despois da entrega de notas e na seguinte orde: 

4ºESO A  11:15

4ºESO B  11:45

4ºESO C  12:15

A entrega realizarase na biblioteca e os ordenadores deberán vir en bo estado, na caixa orixinal e coa bolsa, o cargador e o lapis incluído (aqueles que o traian). 

100% DE APROBADOS NAS PROBAS ABAU

Gustaríanos felicitar a todo o alumnado de 2° de Bacharelato que se presentou ás probas de acceso á universidade e que obtivo un 100% de aprobados.

Todo esforzo ten a súa recompensa. Estamos moi orgullosos de vós! Moitos parabéns e feliz e merecido verán!

CALENDARIO DE MATRÍCULA CURSO 2023/2024


 
Os sobres de matrícula entregaranse co boletín de notas o día 23 de Xuño. Aquel alumnado que aínda non dispoña del, ben por que proceda doutro centro ou porque non poida recollelo ese día, poderá facelo na conserxaría do centro. 

INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA PARA A PROBA EXTRAORDINARIA DE ABAU

Para consultar as normas da matrícula na proba extraordinaria de avaliación de Bacharelato (ABAU) a través da secretaría deste centro pulse na imaxe:

Calendario da convocatoria ordinaria de 1ºBACHARELATO

Distribuir contido


by Dr. Radut