Skip to Content

CONCURSO DE CABAZAS

 

Halloween é a gran festa do ano? Gústalle "matar de arrepío" aos teus amigos e amigas?

Pois esta é a túa oportunidade!!

Participa no concurso deste ano e gaña un premio mooooi xugoso!!

Non o dubides! Tes ata o 27 de outubro para presentar a túa cabaza creativa!!

Participa!!

RECOLLIDA ORDENADORES EDUCA-DIXITAL PARA O NOVO ALUMNADO DE 2º, 3º E 4º ESO

Informámoslles que temos á súa disposición os ordenadores para o alumnado de nova incorporación dos cursos 2º, 3º e 4º ESO e que poderán vir recollelos mañá venres día 22 de setembro en horario de 9 a 14 horas. O pai, nai ou tutor legal asinará o documento de cesión por duplicado (unha copia para o centro e outra para a familia). Os ordenadores teñen carácter de préstamo e son totalmente gratuitos para as familias, que se responsabilizan do seu coidado e uso responsable. O alumnado traerá o ordenador ao centro cada día, completamente cargado.

O equipo informático (portátil con cargador e maletín) é TEMPORAL, xa que non dispoñemos dos ordenadores E-Dixgal definitivos que a Consellería ten que enviarnos nas próximas semanas. Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar pero tentamos garantir a calidade do ensino e non discriminar a estes alumnos/alumnas frente aos seus compañeiros / compañeiras que xa teñen ordenador. Estes  equipos non requiren ningún tipo de mantemento ou instalación de programas (agás escribir o contrasinal da wifi da casa para a súa conexión a Internet).

 

En caso de non poder vir mañá, por favor, póñanse en contacto co centro.

XORNADA DE ACOLLIDA NO IES AS TELLEIRAS

O pasado luns 8 deu comezo o curso escolar e para o alumnado de 1º ESO e 1º BAC foi un día especial cunha xornada de acollida no centro, no que tiveron a oportunidade de percorrer as instalacións, coñecer ao Equipo directivo e ao seu titor ou titora, así como a boa parte do profesorado co que van a traballar ao longo do curso, e como non, aos seus novos compañeiros e compañeiras. Foi unha mañá de risas e de nervios, de xogos no patio e de boas intencións para o curso que vén.

Benvidos e benvidas!!

EXENCIÓNS E CONVALIDACIÓNS CURSO 2023-24

Achegamos ORDE do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación

ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato

e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de

deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

Para calquera cuestión, non dubidedes en consultar na nosa Xefatura de estudos.

ORDE EXENCIÓNS E VALIDACIÓNS

COMEZO DO CURSO 2023-24

Dámosvos unha calurosa benvida ao novo curso escolar 2023-24.

O luns 11 de setembro comeza o novo curso no horario habitual do centro, isto é, de 08:30 a 14:10 de luns a venres, e os martes tamén de 16:20 a 18:00 horas pola tarde.

Desde ese día o alumnado poderá facer xa uso do transporte escolar para desprazarse até o centro educativo. 

O alumnado e as familias poderán consultar uns días antes do comezo das clases as listaxes por grupos e niveis na entrada do edificio principal para 1º, 2º e 3º da ESO e no hall do edificio de Bacharelato para 4º da ESO e 1º e 2º de Bach. En todo o caso, enviaremos unha notificación a través de Abalar para avisar en canto os fagamos públicos. 

Desde o IES as Telleiras desexámosvos un feliz inicio de curso! 

ATENCIÓN AO PÚBLICO NO MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto o persoal do IES As Telleiras disfrutará das súas vacacións. Prégase, por este motivo, que as persoas que precisen realizar algunha consulta ou trámite o soliciten previamente a través  do correo electrónico. 

Correo electrónico: ies.telleiras@edu.xunta.es

No mes de setembro o horario de atención de secretaría será xa o habitual, isto é, de 09:00 a 14:00 h. 

Feliz verán!

LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24

ENTREGA ORDENADORES EDIXGAL 4ºESO

O alumnado de 4ºESO deberá entregar os ordenadores Edixgal o venres 23 de xuño despois da entrega de notas e na seguinte orde: 

4ºESO A  11:15

4ºESO B  11:45

4ºESO C  12:15

A entrega realizarase na biblioteca e os ordenadores deberán vir en bo estado, na caixa orixinal e coa bolsa, o cargador e o lapis incluído (aqueles que o traian). 

100% DE APROBADOS NAS PROBAS ABAU

Gustaríanos felicitar a todo o alumnado de 2° de Bacharelato que se presentou ás probas de acceso á universidade e que obtivo un 100% de aprobados.

Todo esforzo ten a súa recompensa. Estamos moi orgullosos de vós! Moitos parabéns e feliz e merecido verán!

CALENDARIO DE MATRÍCULA CURSO 2023/2024


 
Os sobres de matrícula entregaranse co boletín de notas o día 23 de Xuño. Aquel alumnado que aínda non dispoña del, ben por que proceda doutro centro ou porque non poida recollelo ese día, poderá facelo na conserxaría do centro. 
Distribuir contido


by Dr. Radut